O vindeiro xoves, 29 de outubro, nova xornada do “Plan maior de seguridade”
O departamento de servizos sociais, en colaboración coa Garda Civil, organiza unha charla sobre prevención e mellora da seguridade dos/as nosos/as maiores.
Colexios vellos de San Miguel ás 17:00 horas.
Inscrición previa no Dpto. de Servizos Sociais ou no telf. 982317143 en horario de 10:00 a 14:00 horas.