FUENTE PARGA DIXO QUE “MENTRAS UNS PROMETEN, OUTROS XA ESTAMOS FACENDO AS COUSAS”

O CONCELLO TEN LISTO  O ANTEPROXECTO DO SANEAMENTO PARA OS NÚCLEOS RURAIS DE A INSUA, GONDÁN, VILAMARTÍN GRANDE, A PEDREIRA E VILAMAR. FUENTE PARGA DIXO QUE “MENTRAS UNS PROMETEN, OUTROS XA ESTAMOS FACENDO AS COUSAS”.

Barreiros, 20 de maio de 2015. O Concello recibiu o anteproxecto do saneamento para os núcleos rurais de A Insua, Gondán, Vilamartín Grande, A Pedreira e Vilamar. O investimento a realizar ascenderá a máis de 320.000 euros. O alcalde, Alfonso Fuente, di que “mentres uns prometen, outros xa estamos facendo as cousas”.

O rexedor explicou que “hai uns días entregábannos xa o anteproxecto do saneamento para 5 núcleos rurais, que son os de A Insua, Gondán, Vilamartín Grande, A Pedreira e Vilamar. Para o saneamento destes núcleos das parroquias interiores do Concello cóntase cun orzamento de 320.758 euros e fíxose xa este anteproxecto separado por parroquias. Están traballando xa no resto das que faltan, como Cabarcos ou San Xusto”.

Fuente Parga contou que “se está  traballando no primeiro que hai que facer, que é ese anteproxecto de por onde ten que discorrer ese saneamento e as seccións, etcétera. Como en calquera obra hai que empezar polos proxectos e aquí xa os temos feitos, xa contamos co presuposto, sabemos o que nos vai custar e nos vindeiros días empezaremos a traballar xa neses saneamentos. Hai que ir buscando as partidas, adxudicando por núcleos eses traballos”.

Para o alcalde barreirense “aquí o que pasa é que mentres uns están estes días prometendo que o van facer nós estamos xa facéndoo, como se quedara e como repetín unha e outra vez: cando estivera na zona de costa, que era a máis sensible, executado o saneamento ao 90 cento se iniciaría na zona rural, que era menos sensible aos vertidos”. E engadiu: hai que traballar nesa liña, temos xa este anteproxecto, sabemos o que vai custar, que iso é o primeiro. Non dicir que se vai facer sen dicir nin canto vai custar. Nós sabemos que nestes cinco núcleos rurais temos que investir 320.000 euros e estamos traballando nesa liña”.

Primer aniversario del fallecimiento de la Señora Doña Encarnación Gil Gil

Esquelas

Primer aniversario del fallecimiento de la Señora  Doña  Encarnación Gil Gil falleció en San Miguel de Reinante el día 15 de Mayo de 2014 a los 95 años de edad confortada con los Auxilios Espirituales.

Sus familiares ruegan una oración por el eterno descanso de su alma y la asistencia al  Funeral de Aniversario que tendrá lugar el Sábado día 23 de Mayo de 2015 a las 5,30  de la tarde, en la Iglesia Parroquial de San Miguel de Reinante.

Favores que agradecerán.

San Miguel de Reinante, 20 de Mayo de 2015

www.rodriguezdorado.es

Primer aniversario del fallecimiento de la Señora Dña. Carmen Alonso Rivas

Esquelas

Falleció en Benquerencia el día 28 de Mayo de 2014 a los 96 años de edad confortada con los Auxilios Espirituales.

Sus familiares ruegan una oración por el eterno descanso de su alma y la asistencia al  Funeral de Aniversario que tendrá lugar el sábado día 23 de Mayo de 2015 a las 7,00 de la tarde, en la Iglesia Parroquial de San Pedro de Benquerencia.

Favores que agradecerán.
20 de Mayo de 2015

www.rodriguezdorado.es

ANA ERMIDA ACLARA A ALFONSO FUENTE QUE O CONCELLO DEBE 5,5 MILLÓNS DE EUROS

FullSizeRenderANA ERMIDA ACLARA A ALFONSO FUENTE QUE O CONCELLO DEBE 5,5 MILLÓNS DE EUROS: “2,5 MILLÓNS DUN PRÉSTAMO E OUTROS 2 MILLÓNS DE INTERESES, QUE TAMÉN HAI QUE PAGAR”

“Parece mentira que teña unha xestoría”, afirma a cabeza de lista do Bloque, Ana Ermida, que acusa ao alcalde e candidato do PP de querer “ocultar aos veciños e veciñas de Barreiros a situación real de endebedamento e ruína económica na que está o Concello pola xestión irresponsable de Alfonso Fuente Parga”

Ana Ermida pide a Alfonso Fuente que presente o cadro de amortización do prestamo solicitado en 2012 porque “papeis calan bocas” e di que “é unha mágoa que Alfonso Fuente non se atreva a un debate público co Bloque para aclarar estas cousas diante dos veciños e veciñas”

Barreiros, 19 de maio de 2015.-  O Bloque Nacionalista Galego reitera que o Concello de Barreiros debe 5,5 millóns de euros aos bancos e aclara ao actual alcalde e candidato do PP, Alfonso Fuente, que son  2,5 millóns do préstamo solicitado no ano 2012 “máis outros 2 millóns de euros de intereses, que tamén hai que pagar”. “Todo o mundo sabe que cando se solicita un crédito hai que pagar ese préstamo máis os intereses, parece mentira que Alfonso Fuente teña unha xestoría”, di a cabeza de lista do BNG, Ana Ermida, que lle pregunta ao candidato do PP “se na súa xestoría, que é tamén oficina comercial do Banco Santander, dá créditos a fondo perdido e sen intereses?”.

O BNG reta a Alfonso Fuente a presentar o cadro de amortización do préstamo solicitado no ano 2012 porque “papeis calan bocas” e Ana Ermida xa anuncia que “se o vindeiro domingo os barreirenses e as barreirenses outorgan o Goberno do Concello ao BNG o primeiro que faremos será enviar a todas as casas as contas do Concello para que todos os veciños e veciñas saiban cal é a realidade económica do Concello”. “As contas claras”, di Ana Ermida.

O BNG di que non minte e acusa a Alfonso Fuente de querer “ocultar aos veciños e veciñas a situación de endebedamento e ruína económica na que está o Concello de Barreiros pola nefasta e irresponsable xestión deste alcalde”. “Efectivamente, pediuse un crédito no ano 2012 de 2,5 millóns de euros. Un crédito para pagar facturas atrasadas, a provedores (crédito de pago a provedores, se chamaba), polo tanto, un crédito para pagar débeda, non para facer inversións nin pagar servizos, como afirma Alfonso Fuente. Ese crédito inicialmente era a devolver en 10 anos. Pero no ano 2014, antes de empezar a amortizar capital o goberno do PP decidiu ampliar o prazo de devolución a 20 anos: ata o 2032”, esa é a realidade económica do Concello.

324.000 euros só neste ano 2015 para pagar o crédito

“Calquera sabe que un crédito ten un importe inicial (principal) que é o que se pide e, tras os anos de devolución, súmanse intereses que incrementan a cantidade que se devolve. E canto máis se tarde en devolver, máis intereses se pagan. Non fai falta ter unha xestoría e exercer de axente colaborador dunha entidade bancaria para saber iso”, di Ana Ermida.

O Bloque explica que “nos Orzamentos municipais deste mesmo ano, vemos como entre gastos financeiros (intereses) e pasivos financeiros (principal, a débeda propiamente dita) suman un total de 324.000€, cincuenta e tres millóns de pesetas, esa é a cantidade a pagar este ano, e así durante 20 anos”, aclara Ana Ermida que di que “é unha mágoa que Alfonso Fuente non se atreva a ir a un debate público con veciños e veciñas para aclarar estas cousas”.

“Desde o BNG non nos adicamos a enganar á xente. Nós non prometemos empresas que nunca chegan nen ascensores que nunca se poñen. No BNG o que decimos cumprímolo. E así o seguiremos facendo. Outros non poden dicir o mesmo”, conclúe a cabeza de lista do Bloque.

(NOTA: ENVÍASE COPIA DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DESTE ANO NO QUE APARECE REFLEXADA A CANTIDADE DESTINADA A PAGAR A DÉBEDA DO CONCELLO)

Alfonso Fuente Parga e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, visitaron hoxe aos rapaces dos colexios de San Miguel e de San Cosme

190515 Foto libros BarreirosO alcalde, Alfonso Fuente Parga, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, visitaron hoxe aos rapaces dos colexios de San Miguel e de San Cosme e fixéronlles entrega de libros de Xosé Filgueira Valverde, a quen se acaba de dedicar o Día das Letras Galegas. Os nenos e as nenas tamén recibiron un exemplar de Os Bolechas van á Mariña lucense. Deste xeito o Concello quixo celebrar cos mais pequenos o Día das Letras Galegas.

O BNG DE BARREIROS COMPROMETE “MAIOR ATENCIÓN Á ZONA INTERIOR DO CONCELLO”

O BNG DE BARREIROS COMPROMETE “MAIOR ATENCIÓN Á ZONA INTERIOR DO CONCELLO” E “APOIO CLARO AOS SECTORES AGROGANDEIRO E FORESTAL”

A cabeza de lista do BNG, Ana Ermida, afirma que “os veciños e veciñas de Vilamar, Cabarcos, San Xusto, Gondán, A Rilleira, Vilamartín ou a Insua tamén pagan impostos e teñen dereito a uns servizos iguais aos de San Miguel ou San Cosme”

O Bloque propón crear unha rede de transporte entre as distintas parroquias, a xestión forestal conxunta, habilitar cargadeiros para a madeira e depósitos contra incendios, apoiar aos gandeiros na venda do leite e poñer en marcha un sistema de recollida de plásticos agrícolas, deseñar un plan de mantemento continuo das pistas e viais municipais e iniciar o saneamento nas parroquias do interior do concello

Barreiros, 19 de maio de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego defende a “igualdade de trato” para os veciños e veciñas das parroquias do interior do concello de Barreiros con respecto aos das parroquias costeiras. Nunha reunión con veciños onte en San Xusto, a candidata do BNG á alcaldía de Barreiros, Ana Ermida, afirmou que “os veciños e veciñas de Vilamar, Cabarcos, San Xusto, Gondán, A Rilleira, Vilamartín ou A Insua pagan os seus impostos igual que os de San Cosme ou San Miguel, así que teñen dereito a ter os mesmos servizos”.

Ana Ermida explicou en San Xusto que o Programa de Goberno do BNG para Barreiros inclúe unha serie de medidas para “dinamizar as parroquias do interior do concello e dotalas dos mesmos servizos que as da costa”. Neste sentido, unha das principais propostas do Bloque é “a creación dunha rede de transporte que conecte as distintas parroquias do concello e permita aos veciños e veciñas das parroquias do interior desprazarse a San Cosme para acudir ao médico, ao banco ou a calquera dos servizos existentes na capital do Concello”. O Bloque tamén propón “achegar servizos ás parroquias do interior, como actividades, para o que propoñen “usar a rede de escolas, teleclubs e locais sociais existente” en cada parroquia.

Fomento do cooperativismo e diversificación do sector agrario

Para o BNG “o sector agrogandeiro e forestal segue tendo un importante peso en Barreiros e o Concello non lle presta neste momento nin a máis mínima atención”. “Fuente Parga parece que só pensa no turismo”, afirma Ana Ermida. Pola contra, o BNG propón realizar un plan de fomento e información sobre cooperativismo, emprego e desenvolvemento local que inclúa un servizo de asesoramento técnico e formación para a mellora e diversificación dos sectores agrario, forestal e marisqueiro. Ana Ermida propón servizos específicos para os gandeiros do concello, como a posta en marcha dun servizo de recollida municipal de plásticos agrícolas, que xa existen noutros concellos gobernados polo Bloque, como por exemplo en Ribadeo.

Os nacionalistas propoñen tamén a promoción dos produtos locais (leite, horta, etc.) en mercados de proximidade e como reclamo turístico, así como a creación dunha marca de calidade propia para promocionar os produtos propios e o concello e promoveranse e apoiaranse feiras e mercados, ou aquelas outras iniciativas innovadoras que faciliten a comercialización da produción local do sector primario. En definitiva, resume Ana Ermida, “poñer o Concello ao servizo das reivindicacións das produtoras e produtores para presionar na consecución de prezos xustos para os seus productos”.

Aproveitamento do monte e revitalización do sector marisqueiro

O BNG inclúe tamén no seu Programa de Goberno para Barreiros o “apoio a alternativas económicas para fomentar o aproveitamento do monte e do mar como oportunidade laboral (apicultura, froitos silvestres, algas, etc)”, con medidas como “a explotación da ría como alternativa económica e laboral, ligada ao marisqueo” ou a “xestión forestal conxunta, con mantemento e apertura de novas pistas forestais e habilitar cargadeiros para a madeira nas pistas para facilitar a saca”.

Mantemento continuado das pistas e viais municipais

O Bloque acusa ao actual alcalde, Alfonso Fuente, de ter “abandonadas as parroquias do interior, coas pistas nun estado lamentable por falta de conservación e desidia por parte do Concello”. Por iso, o BNG propón “o mantemento continuo das vías municipais e a elaboración dun Plan de reasfaltado en base a unha planificación e priorización previas e non en base a criterios de amiguismo do alcalde”.

Os nacionalistas propoñen tamén dotar ás parroquias do interior doutros servizos, como o inicio do saneamento e a mellora do servizo de abastecemento de auga. Tamén propoñen a construción de bocas de auga e depósitos contra incendios e dotar de tomas de auga e luz os cemiterios municipais.

Mitin central mañá mércores en San Cosme

O BNG de Barreiros celebra mañá mércores ás nove da noite o seu mitin central de campaña no centro sociocultural de San Cosme, coa do deputado do BNG no Parlamento Galego, Cosme Pombo, a candidata a alcaldía de Barreiros, Ana Ermida, e o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga.

FUENTE PARGA DESMINTE AS ACUSACIÓNS REALIZADAS POLO BNG

FUENTE PARGA DESMINTE AS ACUSACIÓNS REALIZADAS POLO BNG NAS QUE ASEGURA QUE O CONCELLO TEN UNHA DÉBEDA DE 5,5 MILLÓNS DE EUROS. O ALCALDE ASEGURA QUE OS VECIÑOS E AS VECIÑAS QUEREN UN GOBERNO SERIO, RESPONSABLE E QUE SAQUE A BARREIROS ADIANTE.

Barreiros, 19 de maio de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, desminte as acusacións realizadas polo BNG nos mitins destes días. O rexedor di que é falso que o Concello teña unha débeda de 5,5 millóns de euros e subliña que Barreiros non se merece unha oposición desa talla política. Para Alfonso Fuente en campaña non todo vale e engade que o que queren os veciños e as veciñas de Barreiros é un goberno serio, responsable, que non minta e que faga cousas no seu pobo.

O rexedor considera que “chegamos a un extremo onde hai xente que pensa que en campaña electoral vale todo e eu son dos que digo non é así. Hai que ser serios e responsables, sobre todo diante dos veciños, porque aínda que sexamos representantes políticos tamén somos veciños. Digo isto porque hoxe volvemos ver como o Bloque Nacionalista Galego cifra en 5,5 millóns de euros a débeda do Concello de Barreiros. Ata a propia secretaria interventora do Concello se sorprendía, porque iso é mentira e xa tivemos que desmentir isto en varias ocasións, pero seguen na mesma, dicindo que o Concello debe isto, que está endebedado. Pero o Concello ten un préstamo de menos da metade do que din, concretamente de 2,5 millóns de euros. É unha débeda que vai ir pagando como calquera veciño que saca un préstamo. O Concello para facer fronte a infraestruturas, a mellora da rede de saneamento de abastecemento, fixo investimentos que se costearon cun préstamo”.

Fuente Parga sorpréndese “cando din que os votantes do Partido Popular no 2011 están avergonzados do seu alcalde. Que non lle preocupe isto ao BNG, porque aos veciños e veciñas de Barreiros o que lles preocupa é ter unha oposición que minte. Iso si lles preocupa moito, porque estes días cando estamos a visitar aos veciños e lles rebatemos con papeis o que eles vociferan nos mitins, como se soe dicir papeis calan bocas, entón a xente decátase das mentiras que andan contando nos mitins. E iso é moi triste, porque eu creo que Barreiros non se merece unha oposición desta talla, unha oposición á que parece que lle vale todo, pero en política non vale todo”.

O alcalde barreirense cre que “os veciños e veciñas de Barreiros o que queren é un goberno serio, responsable, que non lles minta e que vaia facendo as cousas e sacando Barreiros adiante, como viñemos facendo estes anos: mantendo os servizos e non prometendo, como está a facer a señora Ana Ermida, e poñendo como exemplo Concellos onde goberna o Bloque, anda dicindo que vai facer unhas cousas que logo resulta que nos municipios onde goberna o BNG non as fai. Nin presupostos participativos, nin colaboración con asociacións, nin nada diso se fai nos Concellos onde goberna o Bloque. Polo tanto os veciños e veciñas de Barreiros non poden crer a esta señora, porque nos pon como exemplo Concellos onde non fan o que eles din que van facer en Barreiros. Polo tanto non ten credibilidade e iso é o que lamento”.

Alfonso Fuente Parga engadiu: “neste momento, como representante de todos os veciños e veciñas ata o día 24, evidentemente teño que defender os intereses de todos os veciños e o que non podemos consentir é unha oposición que está mentindo, aínda que sexa en campaña electoral, porque non vale todo”.

Un huerto mágico en el colegio de San Miguel de Reinante

Un huerto mágico premiado en Voz Natura

El Ceip San MIguel de Reinante de Barreiros se alzó con el primer puesto de la provincia

YOLANDA GARCÍA27 de mayo de 2015. Actualizado a las 05:00 h.

Los premios de la décimo octava edición de Voz Natura ya se fallaron y dentro de la provincia de Lugo hubo ganador mariñano. Se trata del Ceip San Miguel de Reinante en Barreiros por el proyecto bautizado A maxia do noso horto, dentro de Naturacción, subprograma de Voz Natura. Se ve que el huerto escolar ejerció su magia más allá de la producción de verduras y frutas y permitió al centro conseguir el primer puesto lucense. «Desde su primera participación en Voz Natura este centro sorprendió por sus proyectos medioambientales en los que siempre ha destacado la participación, el rigor y el entusiasmo», señala el comité científico, cuyas razones para elegirlo han sido, según el acta: «Por una trayectoria de trabajos rigurosos y entusiastas, por la capacidad de integral los proyectos en el centro e involucrar a toda la comunidad escolar».

 

————————————-

 

Su quinta edición

2Leopoldina Álvarez es la coordinadora de Voz Natura en el colegio público que dirige Clara Álvarez, quien valora el premio y la labor de Voz Natura, que cuenta con el patrocinio de la Consellería de Medio Ambiente, Diputación de A Coruña, Fundación Alcoa, El Corte Inglés y Fundación Ramón Areces: «Para nós é un bo traballo porque dan facilidades e se poden facer máis cousas que cos medios e gastos que temos o centro só non podería». También señala que la labor de concienciación de las futuras generaciones, en lo que ya trabajaba antes el centro, es clave: «Todo redunda na educación medioambiental(…) Hai outra mentalidade nos nenos, que o viven dende a cotidianidade, non é só o Día da Árbore, é un traballo día a día. É un programa importante». Además, «as actividades de Voz Natura enganchan moito aos nenos e axuda a elaborar outras actividades complementarias», explica Clara Álvarez. Es el quinto curso de participación del Ceip San Miguel de Reinante, que ya trabajaron el tema del huerto, los ríos, las playas y el viento. El premio les dio un plus de alegría y lo recogerán el próximo 6 de junio en la fiesta final de Voz Natura en Acea de Ama, situado en Culleredo.

Participan en Naturacción, programa de La Voz y la Fundación Alcoa

YOLANDA GARCÍABARREIROS / LA VOZ, 19 de mayo de 2015

A maxia do noso horto es el título del proyecto con el que el Ceip San Miguel de Reinante (Barreiros) participa en este curso 2014-2015 en Naturacción, subprograma de Voz Natura patrocinado por la Fundación Alcoa con el respaldo de Alcoa San Ciprián y la colaboración de la Consellería de Educación. Aunque realmente el centro suma ya más de diez años de una experiencia agrícola en de la que tratan de sumergir a su alumnado. «Este ano o invernadoiro é a estrela. Fomos visitar varios ecolóxicos, onde os nenos preguntaron e aprenderon, por exemplo, que hai que prantar algunha pranta aromática para que os insectos polinicen», señalan desde el centro, con Leopoldina Álvarez de coordinadora de Voz Natura en dicho Ceip.

Esos trabajos a pie de campo acaban extendiéndose a otras materias y a la clase: «Elaboramos varias unidades didácticas aplicadas ás matemáticas, lingua… Por exemplo, calcular o perímetro da cinta que rodea o horto ou dividir parcelas, calcular a cantidade de semente». Los niños miman tanto ese espacio como otros verdes y hacen de «enfermeros» en una especie de «hospital» botánico. De hecho, recuperaron unas tuyas y unos setos de una finca en obras: «A ver se se recuperan para cubrir o muro do patio». En determinadas tareas, además del ayuntamiento, han recibido la colaboración de algún padre o madre e incluso algún profesor en fin de semana. Hasta este proyecto ha servido de integración para un niño con necesidades especiales. Es todo un huerto mágico.

MEDIO AMBIENTE el invernadero es la estrella este curso

ANA ERMIDA DI QUE “O ÚNICO QUE FIXO ALFONSO FUENTE EN 10 ANOS COMO ALCALDE DE BARREIROS FOI ENDEBEDAR O CONCELLO”

ANA ERMIDA DI QUE “O ÚNICO QUE FIXO ALFONSO FUENTE EN 10 ANOS COMO ALCALDE DE BARREIROS FOI ENDEBEDAR O CONCELLO”

A cabeza de lista do Bloque di que o actual alcalde “non inviste, despilfarra os cartos de todas e todos” e explica que o Concello de Barreiros debe 5,5 millóns de euros aos bancos e esa débeda terán que pagala os veciños e veciñas durante 20 anos

O BNG de Barreiros celebrou en Celeiro de Mariñaos o Día das Letras Galegas nun xantar-mitin que reuniu a un cento de persoas

Barreiros, 18 de maio de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros celebrou onte en Celeiro de Mariñaos o Día das Letras Galegas cun xantar-mitin que reuniu a un cento de persoas e onde a candidata do BNG á alcaldía de Barreiros, Ana Ermida, afirmou que o candidato do PP, Alfonso Fuente, “o único que fixo en 10 anos que leva de alcalde foi endebedar o Concello”.

A cabeza de lista do Bloque explicou que “o Concello de Barreiros ten unha débeda cos bancos de 5,5 millóns de euros pola nefasta xestión de Alfonso Fuente que teremos que pagar todos os veciños e veciñas de Barreiros cos nosos impostos durante 20 anos”. Ana Ermida dixo que o actual alcalde, Fuente Parga, “non inviste, despilfarra os cartos de todas e todos”. “En que se gastaron os millóns de euros que ingresou o Concello estes anos por licenzas? Onde están eses cartos?”, preguntou a candidata do Bloque.

Ana Ermida acusou a Fuente Parga de “pasar máis tempo na súa xestoría que no Concello” e de “estar máis preocupado por vender apartamentos no seu negocio privado que en atender as necesidades dos veciños e veciñas de Barreiros”.

“Moita xente que votou ao PP en 2011 avergóñase deste alcalde

A candidata do Bloque pediu ás veciñas e veciños de Barreiros “que non teñan medo a cambiar de voto e confíen no BNG”. “Moitas persoas que votaron ao PP no 2011 avergóñanse de ter como alcalde a Alfonso Fuente”, afirmou, “e por iso non quere sair nos carteis”. Ana Ermida pediulle “a todas esas persoas” que voten ao BNG. “Pedimos que nos dean unha oportunidade e se non o facemos ben dentro de catro anos poden volver ao que había, pero estamos convencidos de que non os imos defraudar, porque o Bloque aí onde goberna non defrauda”, afirmou.xantar-mitin Celeiro1

Noticias de Barreiros