FUENTE PARGA AFRONTA O SEU TERCEIRO MANDATO COS OBXECTIVOS DE CREAR EMPREGO E DE SEGUIR POTENCIANDO O TURISMO


X14C9F4FUENTE PARGA AFRONTA O SEU TERCEIRO MANDATO COS OBXECTIVOS DE CREAR EMPREGO E DE SEGUIR POTENCIANDO O TURISMO. NO SEU DISCURSO DE INVESTIDURA DIXO QUE “EN BARREIROS SOMOS XENTE DE COSTA, COÑECEMOS BEN AS MAREAS E AGUANTAMOS BEN A MAREA”.

Barreiros, 13 de xuño de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, afronta o seu terceiro mandato cos obxectivos de crear emprego en Barreiros e de seguir potenciando o turismo no municipio.

No seu discurso o rexedor popular agradeceu “a participación de todos os veciños e veciñas que acudiron a votar o pasado 24 de maio, así como aos compañeiros e compañeiras da miña formación e do resto de grupos políticos que se presentaron ás eleccións, e nas que en liñas xerais fixemos unha campaña electoral respectuosa”.

Fuente Parga considera que “debemos analizar ese aumento na abstención, un incremento en 200 persoas con respecto a hai catro anos” e subliña que “en Barreiros os veciños e as veciñas votaron maioritariamente ao PP. Barreiros volveu decidir que fose o PP quen gobernase con maioría. En Barreiros o pobo non quere pactos, non quere cambalaches, como está a pasar noutros Concellos e nese sentido encargáronlle ao PP que goberne”.

O alcalde barreirense, que leva 10 anos no cargo, dixo que “no día a día en base ás necesidades que nos marquen os veciños e as veciñas de Barreiros temos que seguir traballando na liña da creación de emprego. A asistencia social aos nosos maiores, aos nenos, etc, está garantida, entón temos que loitar pola creación de emprego, labor que non podemos descoidar, e apoiar ao sector primario, que está a atravesar un momento complicado, e seguir fomentado o turismo, que tamén é base para o noso concello”.

Alfonso Fuente Parga tamén agradeceu “a todos os veciños os esforzos que tiveron que facer ao longo dos últimos catro anos, foron conscientes de que había que tomar medidas, foron conscientes de que para saír da situación na que estaba o país había que tomar decisións, que moitas veces non gustan”.

O rexedor subliñou que “nós nunca lles imos pedir aos veciños cousas que despois nós mesmos fagamos ao contrario” e engadiu que “en Barreiros somos xente de costa, coñecemos ben as mareas e neste caso aguantamos ben a marea política”.

Alfonso Fuente Parga converteuse por primeira vez en alcalde de Barreiros, en maio de 2005, tras o falecemento do seu antecesor Luis Fraga. No 2007, 2011 e 2015 foi o candidato do PP á alcaldía barreirense e nas tres convocatorias foi elixido rexedor por maioría absoluta.

A Xunta de Galicia desenvolverá nas vindeiras semanas unha campaña informativa sobre a regulación de accesos á praia das Catedrais

 http://ascatedrais.xunta.es (Página oficial de la Playa, en la que se pueden conseguir las entradas)

O Plan é froito do diálogo e a participación e o seu obxectivo é facer compatible a preservación dos valores ambientais que motivaron a súa declaración como monumento natural co desfrute público do lugar

Este instrumento de planificación parte dun diagnóstico científico dos riscos que ameazan o espazo protexido para establecer un réxime de usos

Durante os meses de xullo, agosto e setembro e na Semana Santa, o acceso máximo á praia das Catedrais estará establecido en 4.812 persoas ao día

A partir do vindeiro 1 de xullo os visitantes deberán contar cunha autorización gratuíta que poderá conseguirse desde 15 días antes no enderezo web http://ascatedrais.xunta.es

Así mesmo, a Xunta distribuirá unha porcentaxe de autorizacións diarias entre o concello de Ribadeo, de Barreiros, as asociacións de hostaleiros da zona e o Clúster de Turismo

O Goberno galego puxo en marcha xa en 2014 diferentes accións para mellorar o uso público, aumentar a información a os visitantes e reforzar a sinalización que supuxeron un investimento de 158.000 euros

Santiago, 12 de xuño de 2015.- A Xunta de Galicia desenvolverá nas vindeiras semanas unha campaña informativa sobre a regulación de accesos á praia das Catedrais, dirixida tanto aos colectivos e asociacións profesionais como á sociedade en xeral. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais, un documento que prevé un investimento de máis de 1,5 millóns de euros e a regulación do acceso nas épocas de maior confluencia de visitantes.

Este documento é froito do diálogo e da participación de diferentes administracións, colectivos e organizacións e que incorporou en gran medida as alegacións e informes solicitados nos dous procesos de participación pública a que foi sometido.

O plan nace da preocupación polo perigo de degradación deste espazo protexido, situado no concello de Ribadeo e de gran atractivo turístico, e ten como obxectivo xeral facer compatible a preservación dos valores ambientais que motivaron a declaración de monumento natural co desfrute público do lugar.

O resultado é un instrumento de planificación que, a partir dun diagnóstico científico sobre as principais ameazas que afronta o espazo protexido, establece un réxime de usos e aproveitamentos.

Esa avaliación de riscos permitiu constatar que a excesiva concentración de visitantes durante determinadas épocas do ano representa un risco severo para a conservación dos hábitats prioritarios do monumento natural da praia das Catedrais, e as probas de carga realizadas cifran en 4.812 persoas e día o límite recomendable para evitar danos.

O plan conta co aval do Consello Galego de Medio Ambiente e o documento final ten en conta as achegas do Concello de Ribadeo e a asociación de comerciantes maioritaria dese concello, Acisa, para establecer un sistema activo e presencial de regularización dos accesos ao areal, dotado con persoal de control e información, tal e como está previsto.

Ademais, a directora xeral de Conservación da Natureza mantivo esta semana xuntanzas cos alcaldes de Ribadeo e Barreiros, destinadas a coordinar o funcionamento do sistema de autorizacións. Reuniuse tamén con Acisa, que valorou o Plan como unha oportunidade para o mellor desenvolvemento turístico do municipio.

Autorización necesaria desde o 1 de xullo
A partir do vindeiro 1 de xullo os visitantes que se acheguen á praia das Catedrais deberán contar cunha autorización gratuíta que poderá conseguirse desde 15 días antes no enderezo web http://ascatedrais.xunta.es.

Cada persoa poderá reservar un máximo de 30 autorizacións para un mesmo día, aínda que as axencias de viaxes disporán da posibilidade de reservar as autorizacións necesarias para grupos con visitas concertadas. Así mesmo, a Xunta distribuirá unha porcentaxe de autorizacións diarias entre os concellos de Ribadeo e Barreiros, as asociacións de hosteleiros da zona e o Clúster de Turismo de Galicia, co obxectivo de facilitar a súa distribución entre os visitantes.

Deste xeito faise fronte non só ao risco de degradación dos valores ambientais e paisaxísticos deste espazo, senón tamén á saturación dos servizos e accesos á praia, e á percepción global do que debe constituír un espazo natural protexido.

Cinco obxectivos, 12 liñas de acción
O Plan establece cinco obxectivos estratéxicos que, a través de medidas concretas, levarán aparellado un investimento de máis 1,5 millóns de euros. Eses obxectivos son os seguintes:

1. Avanzar no coñecemento do espazo protexido, así como dos riscos e das ameazas que encara. Prevese neste punto o inventario de hábitats naturais e de especies de flora e fauna silvestre.

2. Evitar a perda da biodiversidade e a conservación de hábitats, mediante o seguimento e control das especies exóticas invasoras e mellorando o estado de conservación da matogueira costeira.

3. Acadar un uso ordenado e compatible coa conservación dos valores naturais do espazo. Ademais de regular o acceso nos períodos de maior confluencia de visitantes para reducir a presión do uso público no lugar, apóstase por favorecer a desestacionalización da demanda e a promoción doutros puntos de interese turístico na comarca da Mariña.

4. A mellora paisaxística do patrimonio natural. Para acadar este fin, recóllense a ordenación e homoxeneización dos paneis informativos; a eliminación de noiros artificiais e a recuperación da topografía orixinal do terreo; iniciativas para mitigar ou reducir o impacto visual dos equipamentos e infraestruturas existentes ou previstos; actuacións para ordenar os accesos e áreas de aparcadoiro e a venda ambulante, así como para a promoción de medios de transporte alternativos ao vehículo particular; ou a ordenación dos sendeiros no monumento natural.

5. Favorecer o compromiso social, fomentando o coñecemento e a implicación na conservación do monumento natural, mediante a promoción de campañas e da coordinación con outras administracións, a comunidade científica e a poboación local.

Medidas en marcha
Cómpre sinalar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, xa tomou distintas medidas encamiñadas á protección do espazo natural das praia das Catedrais, tal e como se recolle no Plan de conservación. Co fin de preservar os valores desta zona protexida, a Xunta contratou guías durante o verano do 2014 e o período da Semana Santa 2015. Neste ano, contratarase de novo este servizo, que será reforzado.

Con isto, tratarase de facilitar un desfrute axeitado aos visitantes, reforzando a información a través dos guías especializados no propio enclave e nas alternativas turísticas da contorna, e incrementarase tamén a vixilancia para evitar actuacións que degraden o medio.

Desde mediados de 2014 as diferentes accións para mellorar o uso público, mellora da información aos visitantes e o reforzo da sinalización levan suposto un investimento de 158.000 euros.

Reforma das escaleiras
Estas medidas súmanse ás postas en marcha polo Ministerio de Medio Ambiente, que en colaboración coa Xunta, está a planificar actuacións na contorna do monumento natural, dentro da zona de dominio público marítimo terrestre, que inclúe, entre outras, unha reforma da escaleira de acceso á praia que mellorará substancialmente a accesibilidade ao areal.

A ampliación do acceso contribuirá a desconxestionar e ordenar o acceso dos visitantes, estando previsto o desdobramento da escaleira para separar a entrada de persoas da saída do areal.

A partir del día 1 de Julio será preciso sacar entrada para ver la playa de As Catedrais

A partir del día 1 de Julio será preciso sacar entrada para ver la playa de As Catedrais

Las entradas se obtendrán por internet en la web de Medio Ambiente

JOSÉ ALONSO RIBADEO / LA VOZ, 12 de junio de 2015.

La Xunta, dijo Feijoo, debe garantizar que As Catedrais sean visitadas y no degradadas.

El Consello de Goberno de la Xunta aprobó ayer el plan de conservación del monumento natural de la playa de As Catedrais, que contempla inversiones por valor de 1,5 millones de euros en los próximos diez años. El aspecto más destacado del plan es que implica un límite en el acceso de visitantes, de modo que a partir del 1 de julio, hasta finales de septiembre, y en Semana Santa, podrán bajar a la playa un máximo de 4.812 personas que previamente deberán obtener un pase. La duda radicaba en si el límite iba a entrar en vigor el día 1, y ayer, al término del Consello da Xunta, el presidente, Alberto Núñez Feijoo, lo confirmó.

Las entradas se podrán obtener por vía telemática en la web de la Consellería de Medio Ambiente.

Ayer, en la web de la Consellería de Medio Ambiente ya figuró el enlace que permite sacar las entradas, desde 15 días antes de la visita. En principio se da la posibilidad de que un usuario pueda pedir un máximo de 30.

No obstante, a menos de 20 días para que se ponga en marcha este proceso en Ribadeo hay muchas dudas sobre cómo se va a establecer el control y qué resultado va a dar. Según fuentes de la Xunta, habrá vigilantes e informadores turísticos en las escaleras, que se encargarán de hacer el control. En los senderos y acantilados que limitan la playa no se establece tope de visitantes.

No obstante, podría darse el caso de que se adoptase una cierta flexibilidad los días en que no haya aglomeraciones de gente, permitiendo el acceso a visitantes aunque no dispusiesen de pases. En la web habilitada por la Xunta para sacar las entradas, en la que se indican una serie de normas y recomendaciones, se dice que todos los visitantes deberán ir provistos del documento de autorización para entrar en la playa o cualquier otro documento de identificación, «que deberá ser presentado en caso de ser solicitado».

La Xunta tiene las competencias

La Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar insistió ayer en que la Xunta es la que tiene las competencias para regular el acceso en As Catedrais, por ser un monumento natural, y así lo hizo constar en sus alegaciones. Costas sostiene que en ellas no cuestiona la decisión de poner un límite. No obstante, en sus alegaciones también dice textualmente que «deberá tenerse en cuenta» la Ley de Costas que dice que «la utilización del dominio público será libre, pública y gratuita».

Suárez: «É unha zarapallada da que o Concello se desvincula»

El alcalde de Ribadeo, el nacionalista Fernando Suárez, considera el plan de la Xunta un despropósito, singularmente por la precipitación -dice- para ponerlo en marcha: «É unha zarapallada da que o Concello se desvincula. Vai caer polo seu propio peso e non queremos saber nada. As Catedrais está en Ribadeo e Ribadeo era quen máis debería dicir no plan, pero non nos tiveron en conta».

Convocan a los hosteleros para emitir una opinión común

La asociación de comerciantes de Ribadeo ha convocado una asamblea extraordinaria el próximo martes, a las cinco de la tarde, abierta a todos los hosteleros del municipio, estén asociados o no a la patronal, para abordar el plan de conservación de As Catedrais de la Xunta.

«Hacemos una llamada a la asistencia masiva a esta asamblea. Queremos emitir una opinión conjunta y oficial sobre el plan que la Xunta quiere aplicar ya desde el próximo 1 de julio. Queremos que los miles de turistas que llegarán a Ribadeo durante el verano disfruten de As Catedrais, de la mejor forma posible, pero que gocen también de Ribadeo, de su comercio, de su hostelería, de su riqueza gastronómica y paisajística», señala Acisa.

Costas ultima un proyecto para mejorar el acceso al arenal

Una de las mejoras previstas para As Catedrais atañen al acceso actual a la playa, unas angostas escaleras que impiden circular con facilidad en los dos sentidos y que provocan que muchos días en verano se formen colas de visitantes. El Ministerio de Medio Ambiente está ultimando un proyecto para actuar en el entorno del monumento natural de As Catedrais de forma coordinada con el plan de conservación de la Xunta.

La actuación pasaría por la ampliación de las escaleras, habilitando unas nuevas, paralelas, -tal y como se recoge en el boceto que ilustra la información-. Además, en la base, a pie de playa, se habilitaría una explanada para facilitar el acceso.

La granja Mantoño Holstein reconocida, por décimo año consecutivo

Barreiros |
La granja Mantoño Holstein reconocida, por décimo año consecutivo, entre las tres mejores de Galicia
Esta ganadería barreirense mantiene una apuesta firme por la cría de animales de alta genética desde hace unos 20 años, a día de hoy cuentan con un censo de 82 vacas.

A gandeiría Mantoño Holstein de Barreiros vén de ser recoñecida por décimo ano consecutivo entre as tres mellores granxas de Galicia por calificación morfolóxica de parte da Federación de Frisona Galega, FEFRIGA.
Tras saír publicadas as Distincións Honoríficas de FEFRIGA para o Ano 2015 nesta última semana, o copropietario da explotación, Saúl Dorado, satisfeito polos resultados alcanzados neste ano, asegura que “é o resultado dun gran compromiso e esforzo que levamos mantendo durante máis de 18 anos e que se nos vén recoñecendo dende o 2005”.
A Federación de Frisona Galega ten en conta para a publicación destes premios á maioría das granxas do territorio galego, un total de case 5.000 explotacións, que se someten mensualmente a controis de produción, calidade de leite e valores xenéticos dos seus animais, “en canto á nosa categoría, recibimos cada nove meses aos técnicos encargados de outorgarlles ás nosas vacas calificacións segundo a súa morfoloxía. Cada unha pode conseguir entre 65 e 90 puntos e ser calificada en diferentes categorías: insuficiente, regular, boa, máis que boa, moi boa e excelente”.
A día de hoxe, a media estatal e galega referente a estas puntuacións sitúase en torno aos 77 puntos por vaca, Mantoño Holstein, que conta cun censo total de 82 vacas, superou esta cifra en máis de 10 puntos. Saúl Dorado subliña que “tras calificar a todas as nosas vacas este ano logramos alcanzar unha media de 87,50 puntos”.
Mantoño Hosltein de Barreiros ademais de adicarse á producción de leite como fonte fundamental de ingresos, mantén unha aposta firme pola cría de animais de alta xenética descendentes dalgunhas das máis afamadas vacas a nivel mundial, grazas a isto é a granxa galega onde máis vacas excelentes (EX) e moi boas (MB) se poden encontrar reunidas independentemente do tamaño da explotación. Saúl Dorado subliñou que “trala última calificación do pasado mes de maio contamos con 21 vacas excelentes e 61 moi boas, uns resultados que demostran a calidade das nosas vacas e nos fan moi boa publicidade á hora de vender embrións, xovencas, vacas adultas ou levar ingresado varios sementais en centros de inseminación de todo o país e incluso do extranxeiro como Italia ou Alemaña”.
Tras ser coñecedores destes resultados, os propietarios de Mantoño Hosltein recibirán o galardón conseguido o vindeiro 30 de xullo durante a celebración da Festa Hosltein que organiza a mesma Federación de Frisona Galega.

O concello de Barreiros está a facer limpeza polos accesos ás praias

JuanLino (1)O concello de Barreiros está a facer limpeza polos accesos ás praias, sobre todo nas baixadas e proximidades das casas próximas ao paseo marítimo.
Este traballo a verdade a quen corresponde é a Costas, pero como non se sabe cando o pensan facer, non queda outra que facelo pola nosa conta se queremos ter as praias como merecen unhas galardoadas con Bandeiras Azuis.
Agora esperamos que o departamento de Costas remate a faena canto antes, así como a Deputación Provincial en todas as súas estradas que están que dá pena velas.

Nachprufung von naturwirtschaftliches Thesis Ghostwriter Geschaft fur Hochschulern

Nachprufung von naturwirtschaftliches Thesis Ghostwriter Geschaft fur Hochschulern

Suchen Sie eindrucksvollen juristische Examensarbeit Verfasser fur der Fertigung Ihrer Klausur von Anfang an.

AUFSAETZE-SCHREIBEN.DE – Eingehende wirtschaftlicher Aufsatz Schaffung Schreibbetrieb

Ubersicht Aufbereitung Ghostwriterinternetseiten als AUFSAETZE-SCHREIBEN.DE sind beste Wahl fur Absolventen, die ebene und eigenartige Stutze mit muhsamer wissenschaftlichen Kreation fahnden. Seguir leyendo Nachprufung von naturwirtschaftliches Thesis Ghostwriter Geschaft fur Hochschulern

Teatro, OS SETE MAGNÍFICOS

OS SETE MAGNÍFICOS + 1 PORÁN EN ESCENA ESTE DOMINGO, 14 DE XUÑO, EN BARREIROS A OBRA BIVALVOS COMO GALEGOS.

Barreiros, 11 de xuño de 2015. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este domingo, 14 de xuño, unha representación teatral. Os Sete Magníficos + 1porán en escena Bilvalvos coma galegos. Pedro Brandariz e Fran Rei, habituais do programa Luar da TVG, mostrarán un espectáculo cómico, retranqueiro e irónico, o sentido do humor dos galegos e a súa posta en práctica en situacións cotiás.

A obra de teatro, que se enmarca no programa Cultura no Camiño 2015, dará comezo ás 19 horas. Está organizada polo Agadic e a Xunta de Galicia, que contan coa colaboración da Concellería de Cultura barreirense e da Oficina de Información Xuvenil.

cartel

Barreiros, el orgullo de las mejores playas

Barreiros, el orgullo de las mejores playas en Lugo. No te pierdas el Barreiros, el orgullo de las mejores playas. Prepara tu tiempo libre y de ocio en Lugo.
 …………………………………………
Barreiros es un municipio costero de la Mariña lucense cuyos nueve kilómetros de playa de finísima arena galardonados con ocho banderas azules de la Comunidad Europea constituyen uno de sus principales alicientes turísticos. Su superficie es de 72 kilómetros cuadrados y la capital del municipio, San Cosme, cuenta con cerca de cuatro mil habitantes, si bien triplica su población en la época estival.
– La imagen de la costa de Barreiros se corresponde con la de una ciudad veraniega y residencial. Buena parte de sus servicios y establecimientos comerciales están enfocados a la actividad turística. Su franja costera se extiende desde la desembocadura del río Masma hasta la playa de Las Catedrales, en Ribadeo.
– Los frondosos bosques que pueblan el interior del municipio demuestran que Barreiros no es solo playa, al igual que las amplias extensiones de praderas en las que existe una gran riqueza ganadera, uno de los ejes sobre los que gira la economía del municipio.
– La costa es una planicie en la falda de los montes Comado, Penabor y Condal, de unos tres kilómetros de anchura en los que se asienta la mayoría de la población. La franja sur se presenta atravesada de este a oeste por una de las diez rutas del Camino Norte a Compostela, transitada cada año por multitud de peregrinos. En esta zona es donde residieron los cibardos, los primitivos habitantes de Barreiros.
– Barreiros es un cruce de caminos  estratégicos en el paso por la costa cantábrica. Sus principales aliados son el paisaje espectacular  de hermosas y extensas playas y una población abierta, como pocas, a los visitantes.
– Bien comunicado. Barreiros está muy bien comunicado tanto con Asturias como con el interior de Galicia, sobre todo tras la apertura de tramos de la Autovía del Cantábrico.
– Fiestas y romerías de interés: romería de San Esteban da Apaga (finales de junio), San Esteban do Ermo (primer sábado de julio), San Bartolo (24 de agosto), San Caetano ( mediados de agosto), concurso internacional de castillos en la arena (25 de julio en la playa de Arealonga Reinante), San Cosme (26 y 27 de septiembre) y San Miguel (29 y 30 de septiembre).

Noticias de Barreiros