Buscan a un vecino de Barreiros que falta de su domicilio desde ayer

barra“YA ESTA EN SU CASA CON SU FAMILIA”barra

Se trata de José Pérez López, vecino de San Miguel, de 69 años de edad.

LA VOZ, 23 de julio de 2015. Actualizado a las 20:26 h.

Esta tarde se puso en marcha un dispositivo en Barreiros, con la colaboración de miembros de Protección Civil, la Guardia Civil y socorristas, para tartar de localizar a José Pérez López, vecino de San Miguel, de 69 años de edad, conocido como O Grilo, que falta de su domicilio familiar desde ayer.

Andrés López, novo adestrador do Praias de Barreiros FS

Praias de Barreiros C.D.

Andrés López, novo adestrador do Praias de Barreiros FS

O conxunto barreirense firma a Andrés López como novo adestrador do equipo de fútbol sala. Con sobrada experiencia nos bancos dos equipos punteiros da comarca na Terceira División, como foi o caso do Concello de Trabada FS ou o Superti F.S A Pontenova, Andrés ven de proclamarse campión da categoría e de conseguir o ascenso a Segunda División B co S. D. XOVE F. S. na pasada tempada.

Con esta incorporación o cadro barreirense aposta por dar un saldo de profesionalidade e experiencia no banco de cara á súa próxima participación na Liga Autonómica masculina de fútbol sala.

O directivo Tino González, foi o encargado de darlle a Andrés a benvida á que será a súa casa durante a próxima campaña.

Nas próximas datas o Praias de Barreiros FS confirmará as altas e baixas na plantilla de cara á próxima temporada 2015/16 así como o inicio dos adestramentos.

PresentacionAndresLopez

Los depósitos de Barreiros se recuperan tras prohibir regar los jardines

El consumo de agua refleja que en Foz residen este mes 25.000 personas

Los depósitos de Barreiros se recuperan tras prohibir regar los jardines

JOSÉ ALONSORIBADEO / LA VOZ, 23 de julio de 2015

FIRMALa playa de Foz, abarrotada, uno de los lugares de concentración de más turistas.

Pese a la sequía, el abastecimiento de agua sigue garantizado en todos los municipios mariñanos. El mayor riesgo parece estar en Barreiros, donde por precaución el alcalde, Alfonso Fuente, publicó el martes un bando prohibiendo temporalmente regar jardines. Según explicaba ayer, los depósitos se están recuperando. La vista la tiene puesta en el fin de semana, cuando calcula que en Barreiros podrían reunirse más de 20.000 personas. Es una situación que se da diariamente en el ayuntamiento vecino, en Foz, donde de momento no tienen problemas con el agua, pero sí hay preocupación. «Aquí consúmense 5.000 metros cúbicos diarios; co cal si poñemos un consumo diario por persoa de 200 litros, incluíndo regar e outros consumos, que penso que é unha cifra polo alto, resultan 25.000 persoas. E temos picos de máis consumo. Dende Gestagua dinme que hai que estar atentos, porque non chove e o Río Ouro, que alimenta o depósito de Foz, vai baixo, pero de momento non temos un verdadeiro problema», manifestó Javier Jorge Castiñeira, alcalde de Foz.

Alfonso Fuente, regidor de Barreiros, explicó que ayer detectaron una fuga que pensaron que podría ser en el depósito de Folgueirosa, pero finalmente estaba en la red secundaria, y no fue grave. «A prohibición de regar imos seguir manténdoa polo menos ata o luns. Xa se notou, porque como o martes pola noite choveu algo, moito non regaron», dijo.

Señalar que en Foz se han estado recogiendo firmas entre usuarios de A Rapadoira, por unos supuestos vertidos a una zona de baño. Las presentarán en el Concello y en Costas.

O pavillón polideportivo de Barreiros acolleu o luns a actividade O sabor da aventura está no mar

O pavillón polideportivo de Barreiros acolleu o luns a actividade O sabor da aventura está no mar. Trátase dunha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que contou coa colaboración das de Cultura, Educación e Sanidade e tamén Anfaco-Cecopesca e o Concello de Barreiros. O obxectivo “foi poñer en valor unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxñia asociaciada á forza, á vitalidade, ao crecemento e tamén ao xogo e á diversión”. A actividade resultou divertida e entretida para todos os rapaces e rapazas que asistiron. DSC05871

DSC05890

DSC05902

Mariña Patrimonio viene de solicitar al Servizo de Patrimonio de la Xunta de Galicia la inclusión da turbeira de Arealonga

Barreiros |
Mariña Patrimonio viene de solicitar al Servizo de Patrimonio de la Xunta de Galicia la inclusión da turbeira de Arealonga, San Miguel de Reinante, en Barreiros. Piden que se realice un inventario de los yacimientos arqueológicos, tras la aparición de una cornamenta de ciervo y otros restos óseos de fauna que habitó en el lugar hace unos 8000 anos.
Mariña Patrimonio considera necesaria que la Xunta incluya este lugar como yacemento para que sea debidamente protegido y se evite cualquier acción que pueda dañar la turbeira o os restos que conserva.Patrimonio (1)

Patrimonio (2)

Patrimonio (3)

Patrimonio (4)

Patrimonio (5)

Ver tamaño real: http://galeria.benquerencia.info/main.php?g2_itemId=25861

 

Primer aniversario del fallecimiento de la  Señora  Doña  Irene Rego Lobera

Esquelas

Falleció  en San Miguel de Reinante el día 24 de Julio de  2014, a los 91  años de edad, confortada con los Auxilios Espirituales.

Sus familiares ruegan una oración por el eterno descanso de su alma y la asistencia al  Funeral de Aniversario que tendrá lugar el Sábado día 25 de Julio de  2015 a las  SEIS  de la tarde, en la Iglesia Parroquial de San Miguel de Reinante.

Favores que agradecerán

San Miguel de Reinante  a 22 de Julio  de 2015

www.rodriguezdorado.es

O BNG DE BARREIROS CONVOCA ÁS VECIÑAS E VECIÑOS A UNHA REUNIÓN PARA PREPARAR OS TEMAS A TRATAR NO PLENO DESTE MES

O BNG DE BARREIROS CONVOCA ÁS VECIÑAS E VECIÑOS A UNHA REUNIÓN PARA PREPARAR OS TEMAS A TRATAR NO PLENO DESTE MES.

O grupo municipal nacionalista levará unha moción sobre a situación do sector lácteo e outra para solicitar que a veciñanza poida participar nos plenos.

Barreiros, 22 de xullo de 2015. O Bloque Nacionalista Galego ten convocada para hoxe mércores, unha reunión veciñal no Teleclub da Rilleira. Será ás 21:30 e pretenden que sexa a primeira das reunións ás que convocarán a veciñas e veciños cada vez que haxa pleno municipal. “Trátase de achegar a vida municipal á xente, de informar dos asuntos que se tratarán no pleno e tamén de recoller as necesidades que as veciñas e veciños consideren que se deben tratar alí”, explica a portavoz municipal Ana Ermida. Nestas reunións, ás que se convoca a todas as veciñas e veciños do concello e que irán realizándose nas distintas parroquias ao longo do ano antes de cada pleno, o BNG explicará as mocións ou iniciativas que levará ao pleno municipal e recollerá tamén as aportacións que as veciñas e veciños fagan para trasladalas á cámara municipal.

“É un xeito de darlle participación o máis directa posible á xente, mentres non sexa posible que poida tomar parte nos plenos”, explica. Precisamente, o BNG rexistrou unha moción para que se inclúa no debate do vindeiro pleno sobre a elaboración dun regulamento de participación veciñal. “Trátase dunha obriga dos concellos, regular a participación directa das veciñas e dos veciños nos plenos. Que poidan falar, que o pleno serva para escoitar as demandas da xente e tratar de resolver os problemas desde o concello, a institución máis próxima ás persoas”, é o que pretenden desde o grupo municipal do BNG.

A formación nacionalista insta ao concello barreirense a elaborar un regulamento de participación veciñal neste mesmo ano para garantir que entidades, asociacións e colectivos poidan ter participación nos plenos en asuntos de interese para as mesmas; pero tamén que as veciñas e veciños individualmente poidan solicitar participar nas sesións plenarias. “Trátase de democratizar un mínimo este concello: que as veciñas e veciños vexan que os plenos municipais son públicos e poden ser utilizados para trasladar os problemas da xente. De actuar con transparencia e con valentía, afrontando as problemáticas que poidan existir de xeito responsable”, aseguran .

A situación do sector lácteo tamén se tratará no pleno barreirense.

Ademais da moción de participación veciñal, o BNG ten rexistrada unha moción sobre a situación que está a atravesar o sector lácteo que, en Barreiros, pasou de rexistrar preto dun cento de explotacións con cota hai dez anos a 53 a primeiros da tempada do 2014, “que seguramente neste momento xa sexan menos”, asegura Ana Ermida.

“Cremos que o pleno dun concello tamén ten que valer para isto: para sacar posicionamentos públicos de apoio a un sector tan importante no noso concello como é o sector lácteo e facer toda a presión posible para que os gobernos galego e estatal, que son quen teñen competencias para poder actuar, tomen en serio o problema e se poñan a traballar para solucionalo e non se dediquen a minimizar a situación e faltarlle así ao respecto ás gandeiras e gandeiros deste país, que están a pasar por unha situación dramática”, afirman desde o BNG.

Desde o BNG piden que se traslade aos gobernos galego e estatal que se poñan en marcha os mecanismos precisos para garantir un prezo xusto polo leite en orixe, que garantan a recollida do leite e que se sancione aquelas grandes áreas de distribución que utilicen o leite como reclamo vendéndoo por debaixo do custe do mesmo.

Os socialistas acusan ó PP de paralizar obras por valor de 170.000 euros

Os socialistas acusan ó PP de “paralizar obras de 170.000 euros en estradas provinciais que fan de acceso ás praias da Mariña”

21-07-15

O voceiro provincial socialista, Darío Campos Conde, acompañado por compañeiros do PSOE na Mariña, denunciou e demostrou este martes con documentación oficial que o Goberno do PP na Deputación de Lugo decidiu, “arbitrariamente”, paralizar obras en estradas provinciais que fan de acceso a praias de toda a comarca mariñá. “É un verdadeiro ataque á Mariña, pois a decisión arbitraria dos populares afecta a areais das zonas Oriental, Occidental e Central da Mariña, prexudicando á economía, ao turismo e á imaxe de toda a Comarca, nun momento, como o verán, no que estamos a recibir a miles de visitantes”, remarcou.

Campos Conde explicou que o Goberno progresista de Gómez Besteiro na Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno Provincial do 15 de maio un plan de obras para mellorar accesos viarios provinciais a praias de toda a Comarca por valor de 401.216 euros e en resposta ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos de 2015. Podes consultar a acta de dita Xunta de Goberno na seguinte ligazón: bit.ly/1edRA2Z.

“Sen facer distinción algunha, como non pode ser doutro xeito, acordamos mellorar o firme aglomerado en quente, reforzar a sinalización e limpar cunetas nun total de 6,57 quilómetros de 6 vías provinciais que fan de acceso a outros 6 areais en Barreiros, Foz, Ribadeo, O Vicedo e Viveiro, é dicir, en Concellos de todas as cores políticas”.

“Aprobadas estas actuacións, polo tanto, co visto e prace do Servizo de Intervención e o orzamento necesario para a súa execución; as obras xa estaban en fase de contratación. Pero, sen xustificación válida algunha, pois hai presuposto e ata dédeba financeira cero grazas á boa xestión do Goberno de Besteiro na Deputación, o Executivo popular de Candia paralizou obras de 170.000 euros, concretamente, as das melloras aos accesos ás praias dos Castros, en Ribadeo; Llas, en Foz; e Abrela, no Vicedo, aínda que neste caso a estrada é de Viveiro, polo que a decisión arbitraria do PP afecta a este Concello”.

Explicacións pola decisión arbitraria
O voceiro engadiu que “Candia debe explicar aos veciños da Comarca, aos mariñáns que pediron estas obras durante a elaboración dos Presupostos Participativos da Deputación para 2015, porque frea obras en Ribadeo, Foz e Viveiro, mentres decide continuar coas de Barreiros e O Vicedo. En que se baseou para tomar esta decisión?”.

A Xunta de Goberno do 15 de maio aprobou o seguinte plan de obras:
– LU-P-0610, que dá acceso ás praias de Altar, Reinante e Os Castros, no Concello de Barreiros, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 4,450 e 7,450. O orzamento é de 142.321 euros. CONTINÚA A CONTRATACIÓN QUE INICIOU O GOBERNO PROGRESISTA EN RESPOSTA ÁS PETICIÓNS DOS VECIÑOS.

– LU-P-2011, de acceso á praia de Llas dende Marzán, no Concello de Foz, cunha inversión de 39.098 euros para a mellora do treito entre os puntos quilométricos 0,178 e 0,464. ANULADA POLO GOBERNO POPULAR DE CANDIA.

– LU-P-5206 e LU-P-5208, que supoñen dous accesos diferentes á praia dos Castros, en Ribadeo. No caso da primeira delas, actuarase entre os p.k. 0,206 e 0,906; no caso da segunda, do p.k. 0,000 ao 0,655. Son en total 1,55 quilómetros en cuxa mellora investiranse 68.804 euros. ANULADA POLO GOBERNO POPULAR DE CANDIA.

– LU-P-6405, que dá acceso á praia de Xilloi, no Concello do Vicedo, entre os puntos quilométricos 2,070 e 3,440, ao que hai que engadir o propio ramal de acceso á praia, sumando uns 1,5 quilómetros. O importe da mellora neste caso é de 90.942 euros. CONTINÚA A CONTRATACIÓN QUE INICIOU O GOBERNO PROGRESISTA EN RESPOSTA ÁS PETICIÓNS DOS VECIÑOS.

– LU-P-6412, que une Viveiro coa praia de Abrela no Vicedo. O tramo obxecto de actuación é o comprendido entre os puntos quilométricos 0,150 e 1,175, no Concello de Viveiro, cun orzamento de 60.048 euros. Deste xeito, completábase a mellora total da vía, posto que no tramo do Vicedo xa se actuara no seu momento. ANULADA POLO GOBERNO POPULAR DE CANDIA

Paralizacións do PP
Campos Conde salientou que “está é unha mostra máis da paralización á que o Goberno do PP mantén sometida á Deputación de Lugo, en detrimento dos veciños, do emprego e da economía da nosa provincia. Dende que chegou á Presidencia, Candia só se adicou a cambiar pechaduras no organismo provincial e a paralizar proxectos de xeito totalmente partidista. Primeiro, foi a exposición de ferreiros na Fonsagrada, que decidiu non levar; logo retirou as máquinas do Parque Móbil Provincial que estaban a arranxar vías municipais de Láncara e Lugo, entre outros Concellos. Simultaneamente, freou o Ben Empregado II, bloqueando a creación de 306 empregos de calidade en 288 empresas e asociacións da provincia. Agora, suprime 4 das 6 obras de mellora en accesos provinciais ás praias da Mariña que deixamos listas para a súa execución, prexudicando, gravemente, á comarca” salientou.

 

Noticias de Barreiros