La recogida de leche se reanuda hoy en las granjas de A Mariña

Muchos ganaderos, al límite, respiran aliviados, si bien ayer reunidos en Ribadeo la mayoría estaba a favor de seguir bloqueando a las industrias

JOSÉ ALONSO RIBADEO / LA VOZ, 17 de septiembre de 2015.

Desde el fin de semana, bien fuese por convicción o por obligación, los ganaderos de A Mariña se vieron obligados a tirar la leche que produjeron, al no haber recogida por el bloqueo en toda Galicia de las industrias lácteas. Tras varios días haciéndolo y dadas las cuantiosas pérdidas que implica tirar la leche, estaban surgiendo voces discordantes. Pero los centros de decisión no están en A Mariña y mientras el bloqueo de las industrias prosiguiese no quedaba más remedio que acatarlo. Finalmente, por la tarde, en la reunión de la Plataforma na Defensa do Sector Lácteo Galego se acordaba levantar el bloqueo (se ofrece más información en el A Fondo del diario) y, a partir de hoy, reanudar la recogida de leche.

En A Mariña algunos ganaderos respiraron aliviados. Pero muchos otros no. De hecho, ayer por la mañana se celebró una reunión en Ribadeo para debatir el posicionamiento de A Mariña, para trasladarlo a la reunión que iba a celebrar horas después la Plataforma na Defensa do Sector Lácteo. Y la postura de la mayoría de ganaderos fue a favor de mantener el bloqueo de las industrias, lo que hubiese conllevado seguir tirando la leche.

Lo que ocurre es que en A Mariña, como en buena parte de Galicia, cada ganadero tiene unas condiciones particulares, con importantes diferencias en el precio que cobran por la leche. «Hai granxas que cobran a 0.25, outras a 0.30. Hai granxas que teñen créditos, outras que non… cada gandeiro é un mundo e por iso non é igual para un que para o outro tirar o leite», señalaba uno de los que asistió a la reunión en Ribadeo. «Coas diferenzas que hai entre os gandeiros, isto non pode aguantar moito», auguraba otro.

Publicidad

Desde el Sindicato Labrego Galego, el coordinador comarcal, Antonio Villarino, señaló: «Moitos gandeiros estaban chegando a unha situación límite. Pero isto non acaba aquí. Vaise seguir coas accións de presión á espera da xuntanza no Ministerio o 23, e tamén sobre as empresas que non se posicionaron. Isto é unha carreira de fondo, non é o final de nada. Queda unha parte moi importante do partido por xogar».

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ EN BARREIROS OS DÍAS 18 E 21 DE SETEMBRO

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ EN BARREIROS OS DÍAS 18 E 21 DE SETEMBRO.

Barreiros, 16 de setembro de 2015. O Concello ven de emitir un bando no que informa da presenza da unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas no municipio os días 18 e 21 de setembro. As inspección realizaranse na pista do polideportivo de Benquerencia o 18 de setembro entre as 9 e as 13:30 horas e de 15:15 ás 18 horas e na Rilleira, na explanada xunto á cooperativa, o 21 de setembro no mesmo horario: de nove da mañá a unha e media do mediodía e de tres e cuarto a seis da tarde.

As persoas interesadas poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com no apartado correspondente.

 

CELEIRO DE MARIÑAOS ACOLLE ESTE SÁBADO O IV FESTIVAL ‘AO SON DO MASMA’ PARA REIVINDICAR A LIMPEZA DO RÍO

CELEIRO DE MARIÑAOS ACOLLE ESTE SÁBADO O IV FESTIVAL ‘AO SON DO MASMA’ PARA REIVINDICAR A LIMPEZA DO RÍO

Haberá actividades durante todo o día, que arrincarán cun roteiro pola mañá, un xantar na beira do río, actividades para os máis pequenos pola tarde e concertos de música pola noite

Os organizadores reclaman das administracións con competencias no cauce, a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Costas, actuacións urxentes de limpeza, rexeneración e posta en valor deste río, declarado Lugar de Interese Comunitario e incluído na Rede Natura

Barreiros, 15 de setembro. As beiras do río Masma, en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) acollerán este sábado a IV edición do Festival ‘Ao Son do Masma’ para reivindicar a limpeza, rexeneración e posta en valor deste río declarado Lugar de Interese Comunitario e incluído na Rede Natura pero sumido nos últimos anos nun considerable estado de abandono por parte das administracións con competencias.

O Festival, que está organizado polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros coa colaboración da Irmandade San Caetano, a asociación de veciños de Celeiro de Mariñaos, incluirá actividades durante todo o día, que rematarán xa pola noite cun festival de música galega cos grupos Os Milesios, Ataque Escampe e Tardepiache.

A xornada arrincará a primeira hora da mañá cun roteiro que amosará os principais valores deste entorno natural. O roteiro ten como elemento central o río Masma, tanto para salientar o seu valor ambiental, histórico e paisaxístico, como para denunciar o seu estado de abandono. Trátase dun roteiro circular de 12 quilómetros con saída ás 9:15 horas desde o lugar do festival, a carón da Ponte do Barral, en Celeiro de Mariñaos, desde onde se subirá ao monte Cornería para contemplar unhas fantásticas vistas da desembocadura do Masma e de boa parte da rasa costeira da Mariña e percorrer despois un tramo de río onde se atopa unha vella central hidroeléctrica e varios muíños. As persoas interesadas en participar tan só deberán estar á hora da saída, 9:15 horas, no lugar do Festival.

Xa de volta haberá sesión vermú amenizada polo grupo de música tradicional A Volta do Agro e poderáse xantar á beira do río para o que haberá unha pulpeira chegada desde Melide, empanada, churrasco e tortilla. Pola tarde haberá actividades para os máis pequenos, como unha sesión de contos con Celso Sanmartín, obradoiros de xoguetes naturais e de reciclaxe de produtos de refugallo e xogos.

A partir das 9 da noite haberá cea e dará comezo o Festival, que xuntará música de distintos estilos coa actuación do grupo folk Os Milesios, de Lugo, o grupo compostelán Ataque Escampe, un dos grupos pop máis coñecidos do panorama galego, e o reagge e o ska de Tardepiache, chegados desde Ferrolterra.

Demandas concretas

A situación do río Masma a día de hoxe dista moito de ser boa. O abandono é patente e a maleza ocupa as ribeiras e o cauce está intransitable, atravesado por árbores e troncos. Segundo os organizadores do Festival, “a situación é crítica pero reversible”. A xuizo de Ollomao e a Irmandade San Caetano, “o Masma precisa dunha atención urxente por parte das institucións con competencias e, polo tanto, tamén con obrigas na súa conservación: a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Costas”.

Desde Ollomao propoñen “facer unha limpeza integral do cauce do rio, eliminando os tapóns formados, talar e podar árbores con perigo de caída ao río e eliminar calquera obstáculo que poida favorecer a diminución de sección do cauce”. Tamén “o acondicionamento e fixación de marxes con restitución de taludes, a eliminación de residuos flotantes e os depositados no leito do rio (neumáticos, botellas, etc..) e a restitución das beiras e a mellora dos accesos”.

Alto valor ecolóxico

O río Masma nace nas estribacións orientais do Xistral, entre os picos Seixo Branco e Cadramón, a uns 920 metros de altitude, e verque as súas augas ao Cantábrico formando a ría do Masma, que separa os concellos de Foz e Barreiros, percorrendo un total de 46,2 quilómetros. A cunca do río Masma, con 291 quilómetros cadrados, comprende catro concellos: Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz.

A ría do Masma, que ocupa unha superficie de 575 hectáreas de extensión está declarada Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA), e incluída na Rede Natura 2000. As beiras do Masma conservan bosques de ribeira e acollen unha variada fauna. No esteiro do Masma e na súa ría hai catalogadas 200 especies de aves.

Ate os anos 50 o Masma era navegable ata Celeiro de Mariñaos. Hoxe isto non é posible debido á falla de limpeza do leito. Aínda así, a calidade da auga do Masma é mellor ca de outros moitos ríos galegos, proba diso é a presenza aínda de salmóns, que son un termómetro natural para medir a calidade da auga. O río Masma pode seguir considerándose hoxe en día, a pesares do seu deterioro ambiental e do descenso de capturas, un dos principais ríos salmoeiros galegos, xunto co Eo, o Miño e o Ulla e son numerosos os afeccionados á cana que todos os anos acoden ao Masma nas tempadas do salmón, reo e troita.

Os organizadores do Festival reivindican a posta en valor do río e consideran que o Masma podería volver a ser un importante recurso para as poboacións ribeiráns, con utilidade social e mesmo como fonte de ingresos e creación de emprego vinculado ao turismo de natureza.

Adrián Ben Montenegro, un campeón todoterreno

Premiados (47)El atleta mundialista ganó la III Benquerencia Terra-Mar, de 7.300 metros, con 300 por la orilla del mar

BARREIROS LA VOZ09 de septiembre de 2015.

No se cansa el viveirense Adrián Ben de colgar títulos en las paredes de su casa. El atleta juvenil que participó en el último Mundial ganó el pasado domingo la tercera edición de la carrera Benquerencia Terra-Mar, en Barreiros. El mariñano completó los 7.300 kilómetros -5.800 sobre asfalto, 300 por la orilla del mar y 1.200 sobre la arena- en un tiempo de 26 minutos y seis segundos que nadie pudo mejorar.

Los grandes triunfadores en la peculiar competición organizada por la Asociación Benquerencia y el Concello fueron los atletas mariñanos y de la provincia, que se quedaron con la práctica totalidad de los títulos.

El barreirense Delio Val fue el campeón veterano A y tercero en la categoría absoluta y su vecino David Hernández el mejor entre los sénior.

Además, los benjamines de las Escolas Lourenzá Ian Méndez y Brais Díaz fueron primero y segundo, respectivamente, en su categoría. El también laurentino Aleix Díaz se hizo con la plata infantil y Carme Alonso fue segunda en alevín femenino por detras de la barreirense Ainhoa Pérez.

Un vecino de Burela se sale de la calzada en Barreiros al sufrir un mareo

Él mismo explicó a alguna persona que se acercó a socorrerle que no se había dado cuenta de nada

VIVEIRO / LA VOZ, 09 de septiembre de 2015.

Un vecino de Burela de 71 años de edad cuyo nombre responde a las iniciales J.L.C. se salió ayer de la calzada a la altura de Vilamaior (Barreiros) cuando circulaba por la carretera que une este municipio con Trabada, de donde bajaba en ese momento.

Al parecer, él mismo explicó a alguna persona que se acercó a socorrerle que no se había dado cuenta de nada y que debió de haber sufrido algún mareo o desvanecimiento. El vehículo paró en la tagea, en un terreno que había junto a la carretera. El conductor se quejaba de dolor en el pecho, las cervicales y un brazo, posiblemente causado por el golpe que sufrió con el cinturón. En cualquier caso, una ambulancia del 061 lo trasladó al Hospital da Costa.

Un septuagenario cae de la moto en Barreiros

Un septuagenario cae de la moto en Barreiros y en Ribadeo un coche choca con un puente

El hombre sufrió heridas de las cuales fue dado de alta

VIVEIRO / LA VOZ, 08 de septiembre de 2015.

El septuagenario cuyo nombre responde a las iniciales F.S.P. resultó herido de carácter leve ayer por la mañana al sufrir un accidente de moto en el centro de San Cosme de Barreiros.

El hombre fue trasladado al centro de salud, donde poco después era dado de alta; al parecer, sufrió algunas heridas en las piernas. Al parecer, a consecuencia del susto, una persona que subía por la acera, al toparse con el accidente, se cayó y se lastimó también en una rodilla.

Por otra parte, en Ribadeo el conductor de un turismo se fue contra el puente de la vía del tren, en la carretera a Santa Cruz. Sin embargo no sufrió lesiones, aunque dio positivo en la prueba de alcoholemia que le practicaron.

Noticias de Barreiros