CONCLUÍU EN SANTIAGO A PEREGRINACIÓN DUN GRUPO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE BARREIROS QUE PERCORRERON O CAMIÑO PRIMITIVO

DESPOIS DE NOVE ETAPAS, REALIZADAS OS SÁBADOS, CONCLUÍU EN SANTIAGO A PEREGRINACIÓN DUN GRUPO DE VECIÑOS E VECIÑAS DE BARREIROS QUE PERCORRERON O CAMIÑO PRIMITIVO ENTRE FONSAGRADA E COMPOSTELA.

Barreiros, 22 de xuño de 2016. Concluíu a peregrinación a Compostela, que durante nove sábados realizaron un grupo de 45 veciños e veciñas de Barreiros. Neste 2016 elixiron o Camiño Primitivo desde Fonsagrada ata Santiago.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “fixemos un total de 5 quilómetros, os que separan o Monte do Gozo da Catedral de Santiago. Aos 45 peregrinos que fixemos o Camiño uníronse familiares e outros veciños, en total 90 persoas, que realizamos xuntos este treito do Camiño”.

O edil barreirense sinalou que “foi un día de confraternización, de gozar do esforzo realizado. Os peregrinos entramos pola Porta Santa, abrazamos a imaxe do apóstolo Santiago, visitamos a súa tumba e asistimos á misa do peregrino, contemplando o maxestuoso botafumeiro”.

Gómez Puente engadiu que “o Concello de Barreiros para esta viaxe a Santiago, que tivo lugar o pasado sábado, participou con dous autobuses. Estamos moi contentos coa experiencia de facer un ano máis o Camiño de Santiago, e da relación de amizade e axuda que xurdiu durante este tempo entre os nosos camiñantes”. E lembrou que “o Concello desde o ano 2004 está a realizar de xeito periódico peregrinacións polos distintos Camiños de Santiago, ao seu paso pola provincia de Lugo”.

O concelleiro de Medio Ambiente agarda que “volvamos repetir máis peregrinacións xuntos, polo que xa animo a quen estea interesado a que se anoten xa nas oficinas de turismo do Concello de Barreiros”.

220616 Foto peregrinación Barreiros 2 220616 Foto peregrinación Barreiros 1

Os alumnos e alumnas do taller de memoria do Concello de Barreiros celebraron o fin de curso cun xantar

Os alumnos e alumnas do taller de memoria do Concello de Barreiros celebraron o fin de curso cun xantar. Ao remate o alcalde, Alfonso Fuente, fíxolles entrega dos diplomas de asistencia ao taller, que foi organizado polo departamento de Servizos Sociais. Os participantes tamén recibiron un agasallo de mans do rexedor “para non perder o hábito de traballo durante o verán”.

220616 Foto comida taller memoria

La sentencia del Tribunal Supremo de 5-2-2014», que afectaba al urbanismo del municipio lucense de Barreiros

La justicia prorroga la agonía del urbanismo provisional en la capital

El TSXG abre un nuevo plazo de 10 días antes de la posible anulación de la norma

  1. SEOANEourense, 21 de junio de 2016

Las normas provisionales que la Xunta de Galicia aprobó en el 2011 para dar un mínimo de cobertura legal a la situación urbanística de la capital, después de que la justicia anulara aquel año el PXOM del 2003 hasta entonces vigente, aún resisten. El Tribunal Superior de Galicia no acaba de decir su última palabra sobre las demandas de nulidad.

En noviembre del 2015 estaba todo listo para que la sala de lo contencioso resolviera acerca de este conflicto, de forma específica sobre el hecho de que se hubieran aprobado las normas por el gobierno gallego con la incorporación de ámbitos privados y sin el trámite de información pública. Optó, sin embargo, por acudir al Constitucional, ante las dudas acerca de la constitucionalidad de la norma urbanística gallega entonces vigente. Y aunque la cuestión no fue admitida a trámite, según resolución con fecha del pasado 10 de mayo, el TSXG ha abierto una nueva vía que permite prolongar la vida de estas normas unas semanas más.

La providencia en la que la sala de lo contencioso da un plazo de diez días para que las partes expresen su opinión, concede un nuevo margen para la normalización del urbanismo ourensano, que pasa por la revisión y aprobación del PXOM, aún no cerrada. La sala, «sin que ello prejuzgue el fallo definitivo», parece indicar que el futuro de las normas está en el aire.

Se somete a las partes, dice, «la posibilidad de estimar el presente recurso por haber sido dictada la disposición impugnada sin ser precedida de un trámite de información pública». Y ello, añade, «con fundamento en lo declarado sobre la necesidad de dicho trámite en la sentencia del Tribunal Supremo de 5-2-2014», que afectaba al urbanismo del municipio lucense de Barreiros y, además, en «en los diversos autos del Tribunal Constitucional, el más reciente de diez de mayo del 2016, que inadmitieron a trámite las cuestiones de inconstitucionalidad planteadas por esta sala».

El contenido de la providencia de la sala de lo contencioso anticipa el fallo, en opinión de alguna de las partes personadas en el contencioso. Creen estas fuentes que la redacción del auto sugiere que, tras este nuevo trámite, las normas serán anuladas.

Lo ocurrido con el ordenamiento urbanístico de Barreiros, que el Tribunal Supremo anuló en contra de la opinión del Tribunal Superior de Galicia, sugiere que este último seguirá la doctrina, máxime después de que el Constitucional no admitiera a trámite la cuestión planteada.

Ducias de barreirenses gozaron do teatro o pasado domingo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro

Ducias de barreirenses gozaron do teatro o pasado domingo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. MalaSombra Producións puxo en escena a obra “DEP, unha comedia de morte”. A representación narrou a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai, que aínda estaban viva. A obra estaba incluída no programa Cultura no Camiño 2016, da Xunta.

210616 Foto MalaSombra 2 210616 Foto MalaSombra 1

Cento vinte escolares dos colexios de San Cosme e de San Miguel acudiron onte, luns, ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro

Cento vinte escolares dos colexios de San Cosme e de San Miguel acudiron onte, luns, ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro para celebrar o remate do curso escolar 2015/2016. Os pícaros presenciaron a actuación do grupo Os Quinquilláns, que puxeron en escena a obra “Espantallo amigo”, baseada nun texto de Xosé Neira Vilas.

Ao remate da representación o alcalde, Alfonso Fuente Parga, agasallou a cada nen@ cun libro sobre o “Espantallo amigo”

210616 Foto Espantallo 3 210616 Foto Espantallo 2 210616 Foto Espantallo 1

ESTES DÍAS INICIASE A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA LU-133 AO SEU PASO POR VILAMAR E CABARCOS

ESTES DÍAS INICIASE A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA LU-133 AO SEU PASO POR VILAMAR E CABARCOS. PARA FUENTE PARGA CONTRASTAN ESTES TRABALLOS FINANCIADOS POLA XUNTA DE GALICIA CO MAL ESTADO QUE PRESENTA A ESTRADA PROVINCIAL QUE VAI DE VILAMAR A SAN XUSTO E QUE “PRECISA DUNHA REXENERACIÓN TOTAL”.

Barreiros, 21 de xuño de 2016. Estes días da comezo a segunda fase das obras de acondicionamento da LU-133 ao seu paso por Vilamar, en Barreiros. Trátase do treito comprendido entre o quilómetro 4 e a rotonda que enlaza coa estrada que vai a Trabada.

O alcalde, Alfonso Fuente, relatou que “en Barreiros estamos outra vez de noraboa. Viñamos anunciando no seu momento cando se fixo o aglomerado da estrada LU-133 que vai dende Vilamar e pasa por Cabarcos, o arranxo deses primeiros catro quilómetros que se fixeron ao longo do ano pasado preparándose as cunetas e todo en formigón. Quedábanos como eu xa anunciara, e xa lle pedira así á Xunta de Galicia, a segunda fase. Vaise iniciar a devandita fase co aglomerado desde o quilómetro catro ata a rotonda que une coa estrada que sube a Trabada”.

O rexedor sinalou que “era algo que tíñamos aí pendente de facer e que se vai iniciar nestes días, o que é o aglomerado. Quedará para máis adiante ir arranxando as cunetas, pero a capa de rodaxe vaise facer toda nova”.

Fuente Parga salientou que “é un feito facer esta segunda fase na estrada LU-133 e facer este segundo aglomerado que vai deixala lista ata a rotonda dado que moitos veciños da zona de Cabarcos utilizan este viario para baixar ao centro, a San Cosme, ou ben para saír cara a Trabada. É unha estrada que está a ser moi utilizada e tamén agora mesmo con moitos camións que saen do CAVI de  Irmandiños. Xa digo é un feito poder facer estas obras en dúas anualidades”.

O alcalde barreirense explicou que “pola contra atopámonos coa estrada da Deputación Provincial que nace tamén en Vilamar e que vai a San Xusto, unha estrada moi transitada por todos os veciños das parroquias da zona de San Xusto, que está nun estado pésimo. Levántase toda a estrada, necesitaba unha rexeneración total, un aglomerado total que ben se podía ter feito en fases como xa teño demandado nalgunha ocasión, pero nin unha primeira fase foron capaces de realizar. Está nun estado moi malo,  xa se está levantando o firme da estrada e o que se fai nalgúns casos é un bacheo, que pouco serve”.

Fuente Parga comentou que “os propios veciños ven con asombro como por un lado a Xunta de Galicia está a reparar os seus viarios e ademais con novos aglomerados, e pola contra nunha estrada, que é da Deputación Provincial, que non se actúa nela nin o máis mínimo. É algo que chama moito a atención”.

Mantoño Holstein de Barreiros, entre las tres mejores granjas de Galicia

Mantoño Holstein de Barreiros, entre las tres mejores granjas de Galicia

Lo decidió la Federación de Frinona, que chequea unas cinco mil explotaciones en Galicia

viveiro / la voz, 18 de junio de 2016. 

Mantoño Holstein de Barreiros está entre las tres mejores granjas de Galicia, posición que consigue por undécimo año consecutivo. Lo ha decidido así la Federación de Frisona Galega (Fefriga), en la que se integran la mayoría de las explotaciones gallegas, casi cinco mil, las cuales visita cada mes para realizar controles de producción, calidad de leche y valores genéticos de sus animales. La granja mariñana cuenta con 80 vacas que se sitúan en una media de 87,5 puntos por vaca (la media estatal está en 77 puntos por vaca).

Noticias de Barreiros