O ALCALDE, ALFONSO FUENTE, VISITOU ONTE EN SAN MIGUEL DE REINANTE A GUILLERMINA FRAGA IGLESIAS

O alcalde, Alfonso Fuente, visitou onte en San Miguel de Reinante a Guillermina Fraga Iglesias. Esta veciña acaba de cumprir 100 anos e o rexedor fíxolle entrega dun ramo de flores e dun escudo do concello. É a terceira centenaria que celebra o seu cumpreanos estes días e como nos casos anteriores o alcalde quixo felicitala en persona e en nome de todos os veciños e veciñas de Barreiros.

131016-foto-centenaria-barreiros

EDITAR

O VINDEIRO LUNS, 17 DE OUTUBRO, DARÁN COMEZO OS TALLERES E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO BARREIRENSE

O VINDEIRO LUNS, 17 DE OUTUBRO, DARÁN COMEZO OS TALLERES E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO BARREIRENSE.

Barreiros, 11 de outubro de 2016. O vindeiro luns, 17 de outubro, darán comezo os talleres e actividades lúdicas para a terceira idade, que organiza o Concello de Barreiros. Desenvolveranse no centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro de luns a xoves de 16 a 18 horas.

Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “están destinados a maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 ou persoas con discapacidade (que se consideren idóneas para participar na actividade) do Concello de Barreiros. Nestes talleres realizaranse actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo) e potenciando as relacións entre os seus iguais e os veciños de Barreiros”.

As persoas interesadas en asistir, para anotarse ou para conseguir máis información pode acudir no horario da actividade ao centro socio cultural Manuel Díaz Sampedro.

 

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN PARA ADULTOS E PARA NEN@S DE 5 A 12 ANOS

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN PARA ADULTOS E PARA NEN@S DE 5 A 12 ANOS.

Barreiros, 7 de outubro de 2016. A Delegación de Cultura do Concello de Barreiros  e a Oficina de Información Xuvenil organizan obradoiros de técnicas de relaxación e concentración para adultos e para nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade.

A actividade para os adultos realizarase desde este mes de outubro ata maio de 2017 os luns e venres de 10:30 a 11:30 horas.

O obradoiro para nenos e nenas de 5 a 12 anos desenvolverase desde o 2 de novembro deste ano ata maio de 2017 os mércores de 17:20 a 18:20 horas.

Nos dous casos levaranse a cabo no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, onde tamén se recollen as inscricións, concretamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil. As prazas son limitadas.relaxacion2 relaxacion1

OS DÍAS 15 E 16 DE OUTUBRO CELEBRARASE A CARREIRA MONTE COMADO. O EVENTO FOI PRESENTADO NO CONCELLO

OS DÍAS 15 E 16 DE OUTUBRO CELEBRARASE A CARREIRA MONTE COMADO. O EVENTO FOI PRESENTADO NO CONCELLO.

Barreiros, 6 de outubro de 2016.  O Concello acolleu a presentación da carreira Monte Comado que terá lugar os días 15 e 16 de outubro. Está organizada pola asociación comisión veciñal de Reinante e pola peña barcelonista San Miguel e conta coa colaboración de Casa Elena Turismo Rural, Actibot, Café Bar Moderno, Hotel Río Masma, Pinturas Centeno, Concello de Barreiros e Agrupación de Protección Civil de Barreiros.

O día 15 terá lugar a III ½ km Vertical Monte Comado con saída ás 17:00 horas dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante). O mesmo día tamén se disputará un mini trail infantil no cumio de Monte Comado a partir das 18:00 horas.

Xa o día 16 de outubro ás 10:00 horas darase a saída o II Trail Monte Comado con 21 km e un desnivel de +1350 aprox. (saída e chegada a praza de Reinante).

No acto celebrado onte no Concello de Barreiros participaron o alcalde, Alfonso Fuente; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; e membros da organización da carreira Monte Comado.

Toda a información e inscricións atópase na páxina http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/

Regulamento-carreira-comado

«Cal é o límite? Se veñen axudar nunha emerxencia e acampan tamén lles cobrarían?»

La reina Letizia inaugura el curso escolar de FP en el IES San Rosendo de Mondoñedo

Unos 350 vecinos se concentraron frente al centro para recibirla y saludarla
JOSÉ ALONSO
04/10/2016 22:25

La reina Letizia inauguró esta mañana de forma oficial el curso de Formación Profesional. Lo hizo en el IES de Mondoñedo, en una ceremonia sobria, sin intervenciones, consistente en descubrir una placa, acompañada por el ministro de Educación, el presidente de la Xunta y el conselleiro de Educación.

La reina Letizia llegó a las 11.30 a Mondoñedo. Frente al instituto la esperaban unas 350 personas, a quienes se acercó a saludar y charlar unos instantes. También se escucharon algunos gritos de protesta contra laLomce de un pequeño grupo convocado por la CIG.

La reina, sin perder la sonrisa, entró en el instituto, donde le esperaban expectantes los profesores y los 50 alumnos que cursan FP. En total, con todas las enseñanzas, el centro mindoniense tiene 270. La reina vio cómo trabajaban los alumnos de FP y después, tras el protocolario acto inaugural, visitó una exposición de proyectos innovadores de FP que desarrollan diez centros de Galicia interersándose por los detalles de todos ellos.

Para el IES de Mondoñedo fue un día histórico, como señaló su directora y la alcaldesa mindoniense, Elena Candia.

Examen presencial CODIX – 2016 2ª Edición

Examen presencial CODIX – 2016 2ªEdición


Centro Aula CeMIT de Barreiros
Data inicio18 Novembro 2016
Tipoloxía CODIX – Certificación competencias dixitais en ofimática
Horario 10:00-12:00
Prazas totais: 12
Prazas libres: 12
Solicitudes de inscrición: 2
Número total de horas:2
Idade mínima requerida: 16
Idade máxima: 85

Solicitude de participación nas probas libres de avaliación convocadas por Resolución do 23 de setembro de 2016 para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Só se poderá inscribir nunha localidade, día e hora; o incumprimento deste punto supoñerá a exclusión da persoa de todas as localidades na que estea inscrita.

Noticias de Barreiros