CORENTA E DÚAS PERSOAS FIXERON A 1ª ETAPA DO CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POLA PROVINCIA DE LUGO

CORENTA E DÚAS PERSOAS FIXERON A 1ª ETAPA DO CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POLA PROVINCIA DE LUGO, ENTRE O CEBREIRO E TRIACASTELA, O PASADO DOMINGO. ESTA PEREGRINACIÓN FOI ORGANIZADA POLO CONCELLO BARREIRENSE.La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, cielo y exterior

Barreiros, 2 de maio de 2017. Un total de 42 persoas realizaron a primeira etapa do Camiño Francés ao seu paso pola provincia de Lugo, entre O Cebreiro e Triacastela o pasado domingo. A peregrinación en 9 etapas ata Santiago de Compostela, a través desta ruta, foi organizada polo Concello de Barreiros.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que “nada máis chegar ao Cebreiro atopámonos con todo nevado e seguiu a nevar. Foi unha etapa esixente, porque houbo de todo: neve, saraiba, xistra e tronos. Pero todos o levaron moi ben e a camiñar cun sorriso na cara”. O edil barreirense dixo que “o compañeirismo estivo presente, e fomos axudándonos uns a outros, porque contamos con varias persoas novas que se incorporaron a estas andainas, que hai tempo vimos organizando desde o Concello. Estou moi satisfeito e orgulloso do comportamento dos participantes”.

A vindeira etapa, a comprendida entre Triacastela e Sarria, terá lugar este sábado, 6 de maio.

Registrado un seísmo de 2,1 grados en A Mariña

Registrado un seísmo de 2,1 grados en A Mariña

Tuvo su epicentro en el mar Cantábrico, frente a Ribadeo y Foz

Un seísmo de 2,1 grados en la escala de Richter tuvo su epicentro en la medianoche del pasado sábado en el mar Cantábrico, a una considerable distancia de Ribadeo y Foz. Ni fue percibido por la población ni causó daños.

El temblor se produjo pasadas las doce de la noche del sábado (a primera hora de la madrugada del domingo). Con anterioridad hubo otros dos terremotos también de baja magnitud en los municipios de Navia de Suarna, en Lugo, y de Forcarei, en Pontevedra.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO A TRAVÉS DO CAMIÑO FRANCÉS

O CONCELLO ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO A TRAVÉS DO CAMIÑO FRANCÉS. A PRIMEIRA SERÁ MAÑÁ, 30 DE ABRIL.

Barreiros, 29 de abril de 2017. Mañá, domingo, da comezo en Barreiros unha peregrinación a Santiago por etapas a través do Camiño Francés.

A saída en autobús será ás 7:30 horas desde a praza do Concello para chegar ao Cebreiro e desde alí facer a pé o treito ata Triacastela, uns 18 quilómetros. Esta peregrinación está organizada polas Concellerías de Cultura, Medio Ambiente e Turismo e pola OMIX de Barreiros.

Esta nova peregrinación realizarase en nove etapas. A primeira será a única que se faga en domingo, as outras oito serán en sábado, segundo anuncia o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información no teléfono 618 75 25 60. O prezo que pagarán en total será de 55 euros.

O evento foi presentado nas últimas horas polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polos concelleiros José Manuel Gómez Puente e Lorenzo Penabad.

I Concentración Retroclásicos Barreiros

Hola amigos, aquí os traemos un pequeño adelanto de lo que unos apasionados de los vehículos clásicos estamos intentando llevar a cabo, la 1° Concentración Retroclásicos Barreiros, dirigida a todo tipo de vehículos los cuáles superen los 25 años de antigüedad. Con esto intentamos reunir el mayor número de vehículos en un entorno precioso y muy adecuado para este tipo de eventos como es el de las playas de Barreiros y todos sus alrededores. Dicho evento contará con diversas actividades para satisfacer un poco los gustos de todo el público asistente, como por ejemplo ruta turística, comida, gynkanas, juegos, música , baile, entrega de trofeos… Un poco de todo, que nos hará pasar un día divertido y diferente, a la vez que disfrutamos de la pasión común por estos vehículos.
Realizaremos la concentración en la esplanada de la playa de San Bartolo (San Cosme de Barreiros) el día 26 de Agosto y aquí os dejamos el cartel del evento con los números de teléfono en los cuáles podéis informaros.
Asíque ya sabéis, si tenéis un vehículo clásico o amigos con vehículos clásicos, el 26 de agosto es un gran día para disfrutar todos juntos de nuestra aficción.

La imagen puede contener: texto

CREACIÓN BOLSAS EMPREGO DE VARIAS CATEGORÍAS PARA O CONCELLO DE BARREIROS

CREACIÓN BOLSAS EMPREGO DE VARIAS CATEGORÍAS PARA O CONCELLO DE BARREIROS.

Prazo de solicitudes: ata o 15.05.2017

Listas que se van a crear:
– POSTOS DE PEON LIMPADOR/A DE ESPAZOS E EDIFICIOS PÚBLICOS.
– POSTOS DE CONDUCTOR DE TRACTOR-DESBROZADORA E LABORES DE DESBROCE E LIMPEZA DE VIAS E
ESPAZOS PUBLICOS.
– POSTOS DE CONDUCTOR DE MOTOBOMBA E LABORES DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS.
– POSTOS DE TRABALLO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.
– POSTOS DE TRABALLO NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
– POSTOS DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE ESPAZOS PÚBLICOS E CONSERVACIÓN MEDIOAMBIENTAL

CLAUSURADOS OS CURSOS DE INTERNET CELEBRADOS NA AULA CEMIT DE BARREIROS

CLAUSURADOS OS CURSOS DE INTERNET CELEBRADOS NA AULA CEMIT DE BARREIROS

Barreiros, 28 de abril de 2017. A Aula CeMIT de Barreiros ven de clausurar os cursos de internet que se viñeron celebrando dende o mes de marzo. Aos mesmos acudiron uns 25 alumnos que aprenderon a buscar información, manexar o correo electrónico, redes sociais, banca electrónica e o dni electrónico para facer xestións coas administracións públicas.

Na vindeira semana comezará na aula un curso de Uso básico de móbiles táctiles. Grazas á Fundación Vodafone e a Amtega, haberá na aula móbiles a disposición dos alumnos que non dispoñan deles para que poidan practicar e seguir as clases.

Preto de 160 persoas acudiron ao encontro de ex alumnos, profesores e traballadores do Complexo de Benquerencia, que se celebrou este sábado

Resultado de imagen de Complejo BenquerenciaPreto de 160 persoas acudiron ao encontro de ex alumnos, profesores e traballadores do Complexo de Benquerencia, que se celebrou este sábado. No terreo que no seu día ocuparon estas instalacións arrincou a xornada cunha foto de grupo e a benvida do alcalde, Alfonso Fuente. O rexedor subliñou “a importancia de celebrar este tipo de encontros para recordar tempos pasados dos rapaces que pasaron por ese centro de ensino, onde hai 40 anos se impartía o primeiro grao de FP na rama agraria”. A xuntanza seguiu cunha visita ao litoral barreirense e á praia das Catedrais, aperitivo, xantar no restaurante La Yenka, en Reinante, e festa durante a tarde. Os organizadores agardan que este sexa o inicio de encontros vindeiros.

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: 8 personas, personas de pie y exterior

https://www.facebook.com/pg/benquerencia/photos/?tab=album&album_id=10155391706668442

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, cielo, calzado y exterior

La imagen puede contener: 1 persona, sonriendo, de pie y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, personas caminando, multitud, cielo, árbol y exterior

Barreiros, 28 de abril de 2017. Un total de 157 ex alumnos, profesores y traballadores do Complexo de Benquerencia, onde hai 40 anos se impartía o primeiro grao de FP na rama agraria, reuniranse mañá, 29 de abril, para recordar esa época no centro.

Da comisión organizadora forman parte Luciano Zubillaga, ex mestre, e Antonio Yáñez e César Polo, ex alumnos. Eles explicaron que “todo está preparado para acoller ás 157 persoas que imos participar. Temos cita ás doce do mediodía para a foto con todos na zona que ocupou no seu día o Complexo de Benquerencia. Despois farase unha visita á praia das Catedrais, a continuación haberá un aperitivo, a comida en La Yenka e despois teremos un pouco de baile”.

Para os organizadores “a primeira impresión é unha alegría inmensa volver xuntarse despois de 40 anos, pois hai xente que en todo este tempo non nos vimos, aínda que outros si. A xuntanza esta faise máis ben precisamente para volver unir eses lazos que había e seguir. Será un día de alegría e de festa”.

Antonio Yáñez dixo que “para min foi o mellor ano da miña vida. Non volvín vivir outra época como aquela e supoño que para a maioría tamén será así”. E César Polo declarou que “eu tiña 14 anos, saín da casa e encontreime con xente de todo Lugo. Supuxo unha certa liberdade por atoparme nun lugar novo, facer novas relacións. Algúns fins de semana íamos para a casa e outros quedabámonos no centro. A partir de aí entre moita daquela xente quedou unha amizade moi grande e aínda perduran a día de hoxe as relacións aínda que con outros foise perdendo o contacto”.

César e Antonio contaron que “isto foi xerado a través dun foro que fixo Luciano en facebook. Xuntámonos catro persoas en decembro do ano pasado e decidimos organizar todo isto. A través de facebook recuperamos outra vez os lazos con todas estas persoas. Nun principio dicíamos que se nos xuntábamos 80 estábamos satisfeitos pero somos o dobre, polo que a convocatoria é un éxito”.

A intención é que despois deste encontro se produzan outros aos que cada vez se sume máis xente: “este primeiro encontro é a base e a partir de aquí seguiremos. E se fas unha boa base a obra ten seguridade, polo que esperamos que isto teña continuidade en anos sucesivos”.

Entre os asistentes a esta cita hai persoas de Barreiros, da Fonsagrada, de Meira, Viveiro, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Trabada, Ribadeo e tamén do Occidente de Asturias, entre outros lugares.

O Concello barreirense colabora cos organizadores deste encontro.

Divulgan el patrimonio de Barreiros en un documental

Divulgan el patrimonio de Barreiros en un documental

Jueves 27 • 20.00 horas • Mañana, jueves, tendrá lugar la proyección de un documental que muestra «o patrimonio cultural dos museos de Barreiros», tal y como enfatizan desde Aciam. La Asociación de Comerciantes, Industriales y Autónomos está llevando a cabo desde hace tiempo junto con el Concello barreirense una importante labor de divulgación del municipio, a nivel turístico, patrimonial y cultural. Recuerdan que ofrecen excursiones diarias en verano. Barreiros cuenta con castros, fuentes, escudos, iglesias, cabozos, pombales y miradores de montaña, entre otros atractivos.

Noticias de Barreiros