Cerca de 40 barreirenses realizaron o pasado sábado a sexta etapa da súa peregirnación a Santiago de Compostela

Cerca de 40 barreirenses realizaron o pasado sábado a sexta etapa da súa peregirnación a Santiago de Compostela. Foron 20 quilómetros, os comprendidos entre Casanova (Palas de Rei) e Ribadiso (Arzúa). Entre a expedición atopábase Alejandra, unha nena de 9 anos que completou por primeira vez esa distancia. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “gozamos dun día espléndido e sen percances no camiño. Xa só nos quedan 41,5 quilómetros para chegar a Santiago”. E o alcalde, Alfonso Fuente, dixo: “quero poñer outro autocar na última etapa de catro quilómetros, que discorrerá entre o Monte do Gozo e a Catedral, para que os veciños e veciñas de Barreiros que o desexen poidan acompañar nesa xornada aos nosos peregrinos”.
Antes aínda quedan uns quilómetros de camiño por diante. O vindeiro sábado os participantes nesta peregrinación por etapas, que están a realizar nas fins de semana, farán o treito comprendido entre Ribadiso (Arzúa) e Santa Irene (Pedrouzo). Está organizada polo Concello de Barreiros. La imagen puede contener: una o varias personas, árbol, exterior y naturaleza

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, entregaron os premios aos gañadores dos Concursos de Narración e Debuxo Letras Galegas 2017

O alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, entregaron os premios aos gañadores dos Concursos de Narración e Debuxo Letras Galegas 2017, na súa fase local. O acto tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal. E nas últimas horas tivo lugar a clausura do curso de relaxación e concentración para nen@s e moz@s, que se celebrou de xaneiro a maio, organizado pola OMIX barreirense.La imagen puede contener: 12 personas, interior

Un grupo de escolares de Rábade están a pasar esta xornada de martes

Un grupo de escolares de Rábade están a pasar esta xornada de martes, 30 de maio, en Barreiros. Participan nun intercambio co colexio de San Miguel de Reinante. Os nenos e nenas visitaron os areais barreirenses e tamén a praia das Catedrais, en Ribadeo. Os rapaces foron recibidos no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente, que lles fixo entrega dunha bolsiña con obsequios para eles, folletos turísticos e caramelos. O rexedor declarou que “é importante dar a coñecer os potenciais que ten Barreiros a nivel turístico entre rapaces e rapazas de concellos próximos, como é o caso de Rábade. Algúns xa estiveran por aquí, pero outros non”. La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas sentadas

Máis de 40 barreirenses participaron o pasado sábado, 27 de maio, na quinta etapa da peregrinación a Santiago que están a realizar

Máis de 40 barreirenses participaron o pasado sábado, 27 de maio, na quinta etapa da peregrinación a Santiago que están a realizar. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “fixemos 18 quilómetros nunha xornada nublada, ideal para camiñar, con moita arboleda e moita xente alegre no camiño. Xa só nos quedan 60 quilómetros para chegar a Compostela”. Pola súa banda, o alcalde, Alfonso Fuente, dalles “moitos ánimos aos veciños e veciñas de Barreiros para que sigan a percorrer o camiño con ilusión e alegría”. A quinta etapa desta peregrinación, organizada polo Concello, discorreu entre Hospital da Cruz e Casanova.La imagen puede contener: una o varias personas, exterior y naturaleza

A veciñanza de Barreiros beneficiouse de preto de 700.000 euros en investimentos da Xunta para obras e servizos neste municipio

A veciñanza de Barreiros beneficiouse de preto de 700.000 euros en investimentos da Xunta para obras e servizos neste municipio

22-05-17

IMG_4381Barreiros, 22 de maio de 2017.- As veciñas e veciños de Barreiros veñen de beneficiarse de novas obras e servizos impulsados pola Xunta de Galicia en colaboración coa administración local e para os que se destinaron preto de 700.000 euros nos últimos meses.

En particular, o delegado territorial da Xunta exemplificou estes apoios comprobando, en compañía do alcalde da localidade, Alfonso Fuente, o resultado de dúas obras que contaron co financiamento da administración autonómica.

En San Cosme de Barreiros, supervisaron as actuacións de reurbanización e mellora do entorno do Teleclub na rúa da Praia, executada co apoio da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Grazas á mesma melloráronse as beirarrúas, ampliouse a zona de aparcamento e modernizáronse os servizos de saneamento e abastecemento dun dos espazos máis relevantes pola súa proximidade a varias instalacións públicas como o Teleclub, a aula de informática ou a antiga biblioteca e por ser o acceso ao centro de saúde, colexio e gardaría

Por outra banda, o Goberno galego tamén executou a recuperación da ruta dos Toxeiros, poñendo en valor un sendeiro natural e peonil que contou co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Neste caso actuouse en 1.065 metros dunha ruta de especial beleza paisaxística e natural, adecuando o sendeiro con zahorra, dotándolle das drenaxes pluviais necesarias e procedendo á limpeza xeral deste percorrido sito en San Miguel de Reinante.

Outras actuacións
Pero estas non foron as únicas actuacións impulsadas co apoio da Xunta de Galicia neste municipio e, por exemplo, no ámbito laboral, contou cun obradoiro de emprego no que participaron 20 alumnos, e financiouse a contratación de socorristas e tres traballadores municipais con cargo ao programa Aprol.

No ámbito social unha das actuacións máis salientables é o financiamento e sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia, para o que se destinou só en 2016, 139.768 euros e tamén se recibiron achegas para a contratación do persoal dos servizos sociais, mellora e equipamento das escolas infantís e o servizo de promoción e información xuvenil.

Barreiros tamén recibiu importantes axudas no ámbito deportivo, que permitiron a dotación da cuberta na pista de padel, con case 50.000 euros de investimento; achegáronse 3.000 euros para apoiar a Festa do Emigrante, e 20.000 para infraestruturas, sinalización e mellora da accesibilidade turística.

Os apoios do Goberno galego complétanse coas achegas da Vicepresidencia, que superan os 74.600 euros, e que permitiron a execución da obra de saneamento nas parroquias de Viladaíde e As Pasadas e a mellora do equipamento do centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, á que habería que engadir a xa citada reurbanización do entorno do teleclub. No caso do Plan Marco de melloras de camiños, o orzamento, con cargo ao departamento de Medio Rural, está próximo aos 69.000 euros

Aquí vos deixamos este fantástico vídeo que prepararon os alumnos e profesorado do Ceip San Cosme para participar no concurso Voz Natura

Aquí vos deixamos este fantástico vídeo que prepararon os alumnos e profesorado do Ceip San Cosme para participar no concurso Voz Natura, dende aquí animarvos a que lles deades un voto para que sigan facendo cousas como esta, e como non, felicitalos por todo o que levan conseguido, NORABOA A TODO O EQUIPO!!!

A partir de hoy nos enfrentamos a un nuevo reto: el Concurso de Vídeos de Voz Natura. Profesores y alumnos han trabajado mano a mano para crear este audiovisual. Ha sido muy divertido. Esperamos que os guste y que nos apoyéis votando por él.
No es que queramos ganar siempre pero.., nos gustaría estar entre los primeros clasificados…

Ah, hay una tablet en juego
Echadle un ojo!! a ver si os gusta

Para votar, pinchad aquí: https://premium.easypromosapp.com/voteme/809367/627079188…

O ALCALDE DEMÁNDALLE Á DEPUTACIÓN O ARRANXO DA ESTRADA DA PRAIA

O ALCALDE DEMÁNDALLE Á DEPUTACIÓN O ARRANXO DA ESTRADA DA PRAIA E AGARDA MANTER UNHA REUNIÓN COA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE PARA TRATAR A SITUACIÓN DA DEPURADORA DE AREALONGA, EN REINANTE.

Barreiros, 23 de maio de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, fai un balance positivo das visitas cursadas estes días polo presidente da Deputación e polo delegado territorial da Xunta en Lugo. O rexedor plantexoulle a Darío Campos a necesidade de arranxar algunhas estradas de titularidade provincial, como a da praia. Por outra banda, Alfonso Fuente falou con José Manuel Balseiro da situación da depuradora de Reinante. O alcalde está á espera de manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para abordar esta problemática.

Fuente Parga relatou que “a verdade é que nestes días aquí en Barreiros que recibía tanto ao presidente da Deputación Provincial, Darío Campos, como ao delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, foron unhas visitas para informar do que se invertira no noso concello por parte destas dúas administracións. Tamén tanto con Darío Campos como con José Manuel Balseiro falamos dunha serie de demandas que hai entre os veciños de Barreiros”.

O alcalde sinalou que “coa Deputación Provincial falamos do estado da súa rede viaria. Nalgúns casos hai que ir intentando mellorala, como por exemplo a estrada da praia. Tamén nos anunciaba o propio presidente que a estrada que baixa desde Trabada, no tramo que hai desde A Insua ata a estrada nacional 634, e máis a derivación que baixa ao centro de San Cosme, van intentar arranxala ou aglomerala de inmediato. Falamos tamén da situación das praias e o presidente da Deputación se interesou por este tema”.

Alfonso Fuente engadiu que “co delegado territorial da Xunta estivemos visitando as obras e tamén se mostrou interesado por ver cómo estaba a situación da depuradora de Arealonga, en Reinante. Estábamos pendentes tamén de ter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que xa estaba pechada pero por problemas de axenda non puido ser. Estamos pendentes de que se poña unha nova data. Hai que ver cómo podemos arranxar ese pequeno problema que temos aí, de cara a ver si se pode facer algo antes deste verán”.

O alcalde barreirense quere “agradecerlles tanto a un como a outro a súa visita e o seu interese polo noso concello, e creo que entre todos hai unha boa sintonía por seguir traballando para traer novos investimentos ao noso concello”.

Máis de 30 barreirense fixeron o pasado sábado o treito comprendido entre Portomarín e Palas de Rei

Máis de 30 barreirense fixeron o pasado sábado o treito comprendido entre Portomarín e Palas de Rei. Así concluiron a cuarta etapa da súa peregrinación a Compostela a través do Camiño Francés. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, declarou que “a xornada discorreu con normalidade e con bastante calor. Chegamos a Palas de Rei, con sufrimiento, pero a unión fai a forza”.
Esta peregrinación por etapas, durante as fins de semana, foi organizada un ano máis polo Concello de Barreiros.La imagen puede contener: 5 personas, árbol, exterior y naturaleza

Estamos moi contentos co premio Voz Natura

«Estamos moi contentos co premio Voz Natura»

El colegio se llevó el galardón lucense del programa Voz Natura y Naturacción con La Voz y Alcoa

YOLANDA GARCÍA
BARREIROS / LA VOZ

«Estamos muy contentos y emocionados porque se valore lo que hace un centro tan pequeño como este. Creo que el premio nos lo dan por hacer mucho siendo pocos». Habla Vanesa Bello Amor, responsable del CEIP San Cosme de Barreiros, centro que aunque solo tiene 18 escolares ha destacado a nivel provincial a través del programa Voz Natura. El comité científico del programa de La Voz de Galicia desarrollado por la Fundación Santiago Rey Fernández- Latorre falló que su proyecto «Quen lle teme ao frío» era el mejor de la provincia de Lugo. Forma parte de Naturacción, subprograma de Voz natura que patrocina la Fundación Alcoa y cuenta con el respaldo de Alcoa San Ciprián y la Consellería de Educación.

Una de las claves de su proyecto ganador, subraya la responsable del centro, es que la colaboración se extiende a toda la comunidad. De hecho, la primera participación hace tres años en Voz Natura fue a través del Anpa. La implicación de padres y madres y otros familiares es fundamental. Lo ha sido en este último caso para elaborar un invernadero reciclando unas 1.500 botellas de agua mineral, entre otras tareas. Dentro crecen felices lechugas, acelgas, calabacines, fresas, tomates, guisantes plantas aromáticas y ornamentales… Parte de esa producción que va viento en popa se aprovecha para el comedor escolar. El cultivo, ecológico.

¿Cómo lo viven los niños?: «¡Genial! Les encanta. Están muy involucrados. Incluso en el rato libre que tienen después del comedor les encanta ir al invernadero y al huerto y ya ellos te preguntan ‘¿podemos trabajar?’. En clase también trabajan con la rueda de alimentos».

Para el año que viene ya hay proyecto en mente con ayuda de Irmandade San Caetano. Se llama «Camiñando entre fervenzas», con una parte patrimonial centrada en el Camiño de Santiago y otra natural en Santo Estebo y las playas, haciendo gala de que Barreiros es «mar e monte».

V CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS – 28 de maio

V CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS – 28 de maio

Últimos días para inscribirse nesta fermosa carreira que percorrerá as praias de mar do concello alternando area, paseo marítimo e sendeiros de pescadores.

Peche de inscricións 25 de maio ás 23:59H.

CARREIRAPOPULARDASPRAIAS.JIMDO.COM

Noticias de Barreiros