Para o BNG, o goberno de Barreiros non quere dar explicacións sobre a situación municipal

Para o BNG, o goberno de Barreiros non quere dar explicacións sobre a situación municipal

18-07-17

Barreiros, 18 de xullo de 2017. Hai dúas semanas que o Grupo Municipal do BNG en Barreiros rexistrou formalmente a solicitude de pleno extraordinario para que o equipo de goberno municipal tivese que explicar publicamente cal era a situación dos diversos servizos que se prestan no Concello e que, coa chegada da tempada estival, se manifestou máis notablemente a falta de organización e de planificación dos mesmos.

Á falta de socorristas na primeira fin de semana de xullo, sumouse a absoluta deixadez dos traballos de desbroces en todas as parroquias e mesmo a falta de planificación e preparación dos areais.

A raíz de que o BNG o fixese público e nun intento desesperado de “lavar a imaxe dun goberno municipal que nin goberna nin pensa no municipio, comezaron a realizarse traballos como os de desbroces sen planificar e atendendo exclusivamente a onde se xeraba máis presión veciñal”, aseguran desde o BNG. “Se as cousas se fixesen ordenada e organizadamente, os traballos podían estar feitos con persoal municipal; pero se se agarda a entrado xullo para facelos, pasa isto e agora recúrrese a empresas privadas para que fagan traballos que poderían facerse con medios propios. Gustaríanos saber cantos cartos a maiores nos van costar estes traballos que se están facendo por culpa da incompetencia dun Alcalde que non se ocupa do seu Concello e dun equipo de goberno que non actúa como tal”, manifestan desde a formación nacionalista.

“A desesperación é tan grande que, nos lugares nos que máis presión veciñal reciben, acondicionan incluso parcelas privadas”, aseguran. “Estanse segando en parroquias costeiras terreos pertencentes á Igrexa, tanto de uso público como as entradas e mesmo hortas desa institución que non son de uso público. Mentres, as parroquias do interior, que como vive menos xente e reciben menos visitas, están totalmente desatendidas sen sequera rozar os camiños polos que circulan a diario veciñas e veciños”, afirma Ana Ermida.

O goberno municipal ten que dar explicacións

Desde o BNG aseguran que “o feito de non convocar o pleno amosa a intención clara de fuxir cara adiante, non dar explicacións e, desesperadamente, ir poñendo parches para intentar calmar os ánimos e aparentar que están facendo algo.”

“O problema para Alfonso Fuente e o seu equipo é que, a estas alturas, as explicacións non llelas deben exclusivamente ao BNG; senón que é a xente quen llelas pide, organizándose e amosando o seu descontento, como puidemos comprobar a fin de semana coa convocatoria polo vertido de augas fecais á praia de Arealonga.”

Ana Ermida asegura que “saír dicindo que non é un problema novo aínda debera darlle máis vergoña, porque non fai outra cousa que plasmar a súa incompetencia e a falla de interese que amosou en todos estes anos por solucionar ese problema. Igual ata temos que recordarlle, acudindo á hemeroteca, que non hai tanto negaba a existencia deses verquidos.”

O BNG esixe que convoque o pleno solicitado e que o faga coa intención de explicarlle ás veciñas e aos veciños toda a verdade da súa xestión, cal ou cales son as razón da situación actual e por que o goberno municipal non actúa para solucionar os problemas do Concello.

Tres rescates en una mañana difícil en las playas de Barreiros

Tres rescates en una mañana difícil en las playas de Barreiros

Unas mareas grandes y un mar agitado fueron los condicionantes para que la jornada de baño resultase complicada

El servicio de socorrismo de Barreiros se tuvo que emplear a fondo durante la jornada del domingo para sacar a tres bañistas en apuros. Todos los rescates fueron por la mañana, con la marea baja, y con un mar notable, según cuenta el responsable de coordinar este servicio, Borja Rocha.

El primer rescate sucedió a las 13.05 horas, cuando una señora que se estaba bañando con el agua por encima de la cintura notó que la llevaba la corriente. Hasta el lugar del suceso, en la playa de Coto, se acercaron rápidamente dos socorristas, además de la lancha, por si fuera necesario. Finalmente fueron los dos trabajadores los que rescataron a la mujer, sin mayor incidencia.

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse para gozar coa actuación musical do grupo galego Gelria

Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse para gozar

La imagen puede contener: 3 personas, personas en el escenario y exterior

coa actuación musical do grupo galego Gelria, que presentou o seu último traballo “Cantos de poeta”.
Elena Tarrats, Federico Mosquera e Mario Cortizo La imagen puede contener: árbol, planta, tabla, cielo, exterior y naturalezadeleitaron aos asistentes coa súa voz e coa súa música. A xira de verán de Gelria segue por Bueu, Cervo, Rianxo, Arousa Norte e O Grove.
Este grupo, creado en 2014, xa tocou en Holanda, o sur de Inglaterra, Cataluña e Galicia, entre outros lugares.

O BNG de Barreiros critica que operarios municipais limpen fincas privadas

O BNG de Barreiros critica que operarios municipais limpen fincas privadas

Os nacionalistas sinalan que se rozan propiedades da Igrexa mentres que espazos públicos do concello seguen sen arranxar

Imaxe difundida polo BNG de Barreiros da limpeza dunha finca privada. BNG BARREIROS
Imaxe difundida polo BNG de Barreiros da limpeza dunha finca privada. BNG BARREIROS
Viernes 21 de Julio de 2017 | C. Méndez | Barreiros
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Barreiros, a través da súa portavoz, Ana Ermida sinalou que o alcalde barreirense, Alfonso Fuente “está mandando limpar fincas privadas, como as pertencentes á Igrexa, mentres que existen espazos públicos no concello que seguen sen arranxar”.

Desde o BNG sinalaron que “estes días houbo persoal municipal limpando a coñecida como a Horta do Cura, en San Miguel, unha finca que ademais de ser propiedade da Igrexa Católica nen sequera é de uso público”.

Dende o BNG sinalaron que “se somos laxos na interpretación da separación da Igrexa e os poderes públicos, podemos chegar a valorar que se limpen espazos que son propiedade da Igrexa, pero que son de uso público, como as entradas das igrexas” mais manifestaron que a agrupación municipal non entende que se destine persoal e medios municipais a limpar unha horta pechada que non ten uso público.

A agrupación nacionalista declarou que “non é de recibo destinar fondos públicos para adecuar fincas privadas cando vemos como están espazos públicos ou camiños, especialmente da zona do interior”.

Para os edís do BNG este tipo de actuacións responden ao nerviosismo do alcalde e do seu equipo ante a falta de planificación dos traballos.

Neste punto sinalaron que “deducen os traballos a facer en función das protestas ou da presión que teñen. De feito nestes días adicáronse a saír ó paso das cousas que denunciamos publicamente desde o BNG”.

A portavoz nacionalista, Ana Ermida, pediulle ao goberno local que actuara en espazos municipais “como arredor dos locais de Cabarcos, os camiños sen rozar e cunetas sen limpar”, e que “deixe que as fincas da Igrexa as limpen os propietarios, que para iso teñen un orzamento e reciben cartos públicos, ademais de non pagar impostos como a contribución ao Concello, que o resto dos mortais pagamos relixiosamente, sexamos católicos ou non”, declararon.

Barreiros prohíbe el baño en la playa donde vierten aguas residuales

Barreiros prohíbe el baño en la playa donde vierten aguas residuales

Otra concentración ciudadana exigió ayer que se frene la polución

.
CEDIDA
SARA GIL I. D. 
BARREIROS / LA VOZ 

Ayer sábado se celebró la segunda concentración de vecinos y bañistas de Barreiros, para criticar los vertidos en las playas de la localidad.

Las aguas fecales contaminan el agua de un arroyo, que a su vez vierte a la playa de Arealonga. A pesar de que el alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, aseguró que las analíticas del agua no reflejan ningún problema, la solución ante la insistencia de los vecinos ha sido colocar carteles que prohíben el baño.

Para los bañistas, no es suficiente. Ellos mismos colocaron hace días unos rótulos advirtiendo del peligro que suponen las aguas cuando llegan sin depurar. Alfonso Fuente afirma que la competencia es de la Xunta de Galicia, y pasa por la construcción de una nueva depuradora.

A la caza de los últimos pisos-chollo cuando el precio de la vivienda comienza a subir

A la caza de los últimos pisos-chollo cuando el precio de la vivienda comienza a subir

En Tapia, la Sareb pone a la venta un apartahotel en el casco urbano, con ocho apartamentos

.
PEPA LOSADA
J. ALONSO 
RIBADEO / LA VOZ 

A Mariña se situó en los últimos años entre las zonas donde más pisos se vendieron en Galicia. Los pisos chollo, las ofertas que lanzaban los bancos, provocaban un efecto dominó que abarató sustancialmente los precios y significó, además, una gran promoción para la comarca. Compradores de todo el país pusieron sus ojos en la costa de Lugo. Y muchos compraron. La consecuencia fue que el stock se ha reducido de forma significativa, si bien todavía quedan promociones (en Barreiros, por ejemplo) que los bancos, ya no tan necesitados de liquidez, tienen pendiente de sacar al mercado. No lo harán, previsiblemente, con los precios de hace unos años, cuando eran habituales ofertas a partir de 35.000 euros.

Responsables de inmobiliarias y de firmas constructoras consultados coincidieron en que este año está siendo bueno en ventas, ya desde la primavera, y que en verano se está consolidando el repunte. El interés por A Mariña se mantiene. Y en ello hay dos concellos que se llevan la palma: Foz y Barreiros.

El segundo es, si cabe, más significativo, porque la oferta de obra nueva se ha reducido a la mínima expresión. Hace un par de años era habitual ver promociones que se ofertaban en las páginas web de las entidades bancarias. Ahora es excepcional.

Por Foz también hay gran interés. Sigue siendo un polo de atracción para los veraneantes y buscadores de segunda vivienda. Pero aún hay bastante obra parada. La Sareb (popularmente conocida como el banco malo), puso a la venta hace unos meses tres promociones.

«Hai moita demanda. O que pasa é que agora temos pouco que ofrecer. Case non hai nada», manifestaba el responsable de una empresa de construcción con actividad por toda A Mariña, que añadió: «Volve moito o tirón por Barreiros e Foz». El perfil del comprador tipo, explicó que sigue siendo de origen madrileño, asturiano, de León, Valladolid… y mucho gallego, de Lugo. Tampoco cambia el piso que se busca: un apartamento de dos habitaciones. «As ventas van ben. Xa se notou a melloría o ano pasado, e este vai mellor», añadió.

Desde otra inmobiliaria mariñana, manifestaron: «Vaise vendendo. Penso que mellor que o verán pasado. O que ocorre é que agora xa traballamos no mercado libre e habitual, non no dos bancos, e os prezos empezan a reaxustarse e acércanse xa ao prezo de execución. Antes se estaba vendendo por debaixo do que costara facelos».

Por otro lado, la Sareb ha sacado el mercado la oferta de varios negocios, entre ellos, un apartahotel en el casco urbano de Tapia, con ocho apartamentos, pendiente de concluir.

O Eido Dourado, a carón da praia da Pasada en Barreiros, recibía nas últimas horas a visita da asociación Abrindo Camiño

O Eido Dourado, a carón da praia da Pasada en Barreiros, recibía nas últimas horas a visita da asociación Abrindo Camiño, guías da Ruta Quetzal, que fixeron a través da variante da Mariña o treito comprendido entre Ribadeo e San Martiño, en Foz. Neste espazo dedicado ao arte puideron observar a obra do artista barreirense Celso Dourado e dar un paseo polos xardíns do Eido.

Onde o mar te bica

A praia de Benquerencia, na Mariña

Onde o mar te bica

No Cantábrico difumínase o trazo profundo dos anos e volven os ollos brillar

HAI LUGARES que percorren distancias. Paisaxes que te fan viaxar no tempo. Que evocan épocas pasadas. Cancións que con só empezar a soar debuxan escenarios enteiros. Recendos que te fan voar cos ollos pechados. Regresar.

Cada un ten os seus. A min acontéceme que volvo ós veráns da infancia cada vez que atraveso o neboeiro do Fiouco e me planto de pé, diante do Cantábrico a escoitar o seu retrouso mareiro. Con cada sopro de airexa. Con cada onda que estoupa entre as pedras, co murmurio da escuma ó esvaecerse, vou seguindo na area as pegadas dos meus pasos, ata retroceder a ese lugar da memoria onde a praia se abría infinda por vez primeira ante os nosos ollos, de area branca, lene como pó de fariña, e quente contra o mediodía, no que as rochas abeiraban pozas de auga azul e verde e as aventuras xurdían interminables entre os seus recunchos. Alí, no punto de saída da nosa vida. De profundo olor a mar.

Aínda sen ter esa luz de beleza tan intensa que magoa das Rías Baixas, nin a sona da eternidade da Costa da Morte, o Cantábrico aberto e libre, co seu baile salvaxe, coas herbas de namorar a mercé do vento, coa bruma que o envolve, a auga temperada enredándose nas pernas, e as covas esculpidas a pracer entre acantilados converteu a unha pequena vila con nome namoradeiro nese lugar ó que voltar sempre. Alí difumínase o trazo profundo dos anos, as peles vólvense douradas e volven os ollos brillar. E ante ese mar, testemuño de tantos xullos esgotados, vou tecendo para os meus fillos unha nova estela de recordos.

Onte volvín. E mollei os pés na orela, e afundín a rutina na area. E as carreiras cotiás e ata o wif

Naquel rincón da Mariña descubrín todas as caras do mar. A calma. O mar silandeiro, amigo, dos días quedos de sol. De xogos na area e apertas de nai. A encarrexada. O mar perigoso e traizoeiro, das noites de treboada, de correntes cruzadas, das ringleiras humanas de cando aínda non había máis ca un flotador ancorado a un pao enferruxado. Das viúvas sen dó. E tamén esa outra cara dos días nos que o océano se levanta sobre as patas de atrás, belo e salvaxe. Inspirador e reparador de almas feridas. Inmenso e tan libre. Creador e ladrón de soños. Sobrecolledor como a vida mesma.

Ás veces nin eu entendo canto me revive regresar alí, máis cando moitos días do verán o ceo segue sendo tan gris coma no inverno, que un precisa cubrir os ombros para evitar o orballo e outras veces o mar vólvese tan bravo que mergullarse está case prohibido. Asusta. Porque te berra na cara. Porque se volve ameaza. Alí arriba, nesa Mariña imprevisible e verde, na que o sol abrasa oculto trala néboa, non hai moito máis que facer que gozar a terra, reencontrarse con ela, e deixarse levar. Recargarse ou baleirarse. Saboreala na mesa. Case nada.

Esa forza que desborda, esa soidade que o acompaña foron dos primeiros agasallos dos meus pais. El era o primeiro en erguerse. Marchaba a primeira hora, a gozar da luz do mencer, neses intres nos que a praia é unha saba sen marcas. Di que co ceo aínda despreguizándose, establécese un diálogo case secreto e, se escoitas ben, nalgunhas madrugadas ata podes oír ó lonxe unha serea cantar entre os baixíos. Ela collíame da man e percorría a praia enteira ao meu lado. Esa intimidade co océano, cos pés descalzos a corazón aberto, esa exhibición de poder ante ti pequeniño é un baño da máis fermosa e poderosa realidade.

De cando en vez volto a aquel refuxio. Crúzome cos vellos compañeiros de xogos e cos risos das novas xeracións, percorrendo os camiños de onte. E a historia repítese. Como daquela, mirámonos alomenos durante uns minutos. O mar e máis eu. Alí baixo eses arcos que desafían o paso do tempo entrégame unha longa marea de lembranzas. Véñenme á cabeza as tardes de mocidade que mordiamos entre pipas nos días de chuvia. Quedei coas conversas á beira do mar, o luscofusco no horizonte, as amizades eternas e as noites novas. Unha guitarra arredor do lume. Un ceo estrelado. E todo un camiño por diante.

Onte volvín. E mollei os pés na orela, e afundín a rutina na area. E as carreiras cotiás e ata o wifi. E lembreime flotando, nos seus brazos, co sol beliscándome na cara. E tamén saltando entre as ondas. E adormecendo mentres me arrolaba co seu murmurio inesgotable. Teño pouco tempo para falarlle, pero cando o miro sabe que o sinto bater moi dentro. Os días van mudando a paisaxe. Esculpindo ó seu antoxo o perfil da costa e tamén os corpos e os rostros e ata os pensamentos. Ós pouquiños. Hoxe nin o ollar é o mesmo nin tampouco a estampa que se ergue diante. Pero hai algo que permanece. Coma un amor secreto. Xusto alí onde canta o poeta, onde o Cantábrico te bica.

Noticias de Barreiros