Os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, enchéronse para gozar
coa actuación musical do grupo galego Gelria, que presentou o seu último traballo “Cantos de poeta”.
Elena Tarrats, Federico Mosquera e Mario Cortizo
deleitaron aos asistentes coa súa voz e coa súa música. A xira de verán de Gelria segue por Bueu, Cervo, Rianxo, Arousa Norte e O Grove.

Este grupo, creado en 2014, xa tocou en Holanda, o sur de Inglaterra, Cataluña e Galicia, entre outros lugares.