Os socialistas da comarca da Mariña convocan unha concentración de apoio á “Marcha estatal contra as violencias machistas” do 7N

CARTAZ 1.Os socialistas da comarca da Mariña convocan unha concentración de apoio á “Marcha estatal contra as violencias machistas” do 7N

Este sábado diferentes colectivos feministas, organizacións, institucións, partidos políticos, mulleres e homes a titulo individual marcharán pola capital de España para denunciar as violencias machistas que sofren tantas mulleres no noso país, violencias que alcanzan  indiscriminadamente, moitas veces, aos seus fillos e fillas.

Con esta convocatoria de concentración, na praza do concello de Foz  ás 12’00h do vindeiro sábado dia 7, o PSOE da comarca, quere mostrar sen ningún tipo de dúbidas o seu mais rotundo apoio á marcha do 7N.

A loita contra a violencia de xénero constitúe unha prioridade para os socialistas, que consideramos que a unión e a implicación de toda a cidadanía, de todos os colectivos, asociacións e organizacións así como das administracións públicas é mais necesaria que nunca para loitar e  acabar de unha vez por todas con esta lacra social.

Mais de 40 mulleres foron asasinadas no que vai de ano polas súas parellas ou ex-parellas, milleiros sofren malos tratos físicos y psíquicos á vez que os seus  fillos e fillas medran entre choros, berros, ou golpes que condicionan as súas vidas

A violencia machista ten que ser considerada unha cuestión de Estado e de unha vez por todas. Os socialistas reclamamos que se repoñan e doten as partidas orzamentarias, que se viñeron recortando sistematicamente nos últimos 4 anos co PP, especialmente os recursos destinados á prevención e á asistencia social das vítimas, co fin de protexer e garantir os dereitos das mulleres e dos seus fillos e fillas. Con ese fin vimos de presentar mocións en todos os concellos  de España, sendo estas aprobadas nunha ampla maioría deles

Dende o PSdeG-PSOE ceemos que a loita pola erradicación da violencia machista é un asunto de todas e todos, así que emprazamos a todas as veciñas, veciños, colectivos e partidos políticos da comarca da Mariña a secundar esta concentración como xeito de visibilizar o profundo rechazo que provocan as violencias machistas e a necesidade de priorizar nas políticas necesarias para loitar contra esta lacra.