Os Orzamentos da Xunta para o 2016 supoñen un respaldo ós grandes proxectos da Mariña

Presupuestos Xunta |
PP: Os Orzamentos da Xunta para o 2016 supoñen un respaldo ós grandes proxectos da Mariña
Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra valoraron esta tarde, en rolda de prensa, os orzamentos da Xunta de Galicia para 2016, no relativo á comarca da Mariña lucense
Aseguraron que as contas autonómicas para o ano próximo supoñen un “respaldo orzamentario significativo” aos grandes proxectos que a Xunta executa na Mariña.

Salientaron ámbitos como:
As infraestruturas viarias e portuarias (o corredor, o acceso ao porto de Burela, a LU-124, os periraos de Foz, Celeiro, Vicedo)
As infraestruturas sanitarias e de benestar (a “prioridade absoluta” era poder iniciar as obras de remodelación e ampliación do Hospital da Costa, tras impulsar a tramitación técnica complexa, e farase realidade en 2016. Tamén hai achegas para os centros dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar e para rematar a nova residencia de Foz)
Hai achegas importantes no ámbito educativo e cultural (ampilación do instituto María Sarmiento de Viveiro e apoios aos concellos polos que percorren os camiños de Santiago);
Tamén no ámbito medio ambiental (saneamentos en Viveiro, Burela, nas rías)
E no eido industrial (convenio con Alcoa, investimentos nos polígonos, axudas do Igape

AS PARTIDAS DE MAIOR CONTIA DA PROVINCIA
Se tras coñecerse os orzamentos da Xunta en 2016, desde o PP destacaban que a provincia de Lugo é, entre as galegas, a que maior investimento por habitante recibe (con 725 euros por lucense) tamén aseguraron con satisfacción que A Mariña se beneficia de varias das partidas “máis elevadas do conxunto da provincia”, o que da imaxe do seu peso específico, como son, o corredor da Costa (6,1M€) e a obra de ampliación do Hospital (1,8M€)
Tamén salientaron os investimentos no servizo de Gardacostas, que ten base na nosa comarca (máis de 2M€) tras lembrar que o Goberno Feijóo duplicou a tripulación e operatividade dos helicópteros de salvamento ou as achegas previstas para o centro de investigación mariña de Ribadeo ou para completar ou mellorar equipamentos pesqueiros. (349.916 €)

MENOS IMPOSTOS, EN ESPECIAL NO RURAL, E FOMENTO DA NATALIDADE
Finalmente fixeron un repaso a outras actuacións que superan a simple análise numérica e que “serán especialmente beneficiosas para a comarca” como son a baixa de impostos máis ambiciosa que nunca antes ten realizado esta autonomía, contemplada nos orzamentos da Xunta (na parte autonómica do IRPF e no imposto de sucesións) o programa de fomento da natalidade (con axudas de ata 100 euros ou coa creación dun bono coidador, para aquellos concellos que non dispoñan de escola infantil) e o programa de impostos cero no rural (que elimina os impostos á practica totalidade das operacións relacionadas con fincas rústicas e explotacións gandeiras)
Como conclusión, e en opinión dos deputados do PP a valoración “non pode ser máis que positiva”, porque estamos diante duns orzamentos autonómicos feitos con criterio, axustados ás necesidades e aos proxectos máis importantes para os mariñáns, e que, ademais, son responsables e sensibles ao novo momento que vive Galicia.

Foto de COPE DE LA COSTA (RIBADEO).