Os estudantes do Cole de Barreiros aprenden a facer a RCP

Os estudantes do Cole de Barreiros aprenden a facer a RCP

Puede ser una imagen de 8 personas, niños, personas de pie e interiorBarreiros, 3 de maio, 2022. Os estudantes do CEIP San Cosme de Barreiros reciben estes días charlas de primeiros auxilios impartidas pola doutora, Carmen Pernas, facultativa do Centro de Saúde de Mondoñedo.

Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de Primaria aprenderon este luns como actuar ante unha emerxencia. Dende a colocación dunha persoa que puidese estar a sufrir un infarto, ata como comunicar o suceso ao 112, e realizar eles mesmos as primeiras manobras de reanimación cadiopulmonar.

Todos atenderon a charla e explicacións prácticas con moita atención e trasladaron numerosas preguntas e inquietudes á doutora.

A seguinte charla será este mércores de de maio e estará dirixida aos alumnos de 3º a 6º de Primaria do CEIP.

A actividade está organizada pola Asociación de Pais e a comunidade educativa do Centro, grazas á inestimable colaboración de Doutora Carmen Pernas. A ela queren agradecer a súa amabilidade e dispoñibilidade para transmitir unha información tan vital.