OS DÍAS 15 E 16 DE OUTUBRO CELEBRARASE A CARREIRA MONTE COMADO. O EVENTO FOI PRESENTADO NO CONCELLO

OS DÍAS 15 E 16 DE OUTUBRO CELEBRARASE A CARREIRA MONTE COMADO. O EVENTO FOI PRESENTADO NO CONCELLO.

Barreiros, 6 de outubro de 2016.  O Concello acolleu a presentación da carreira Monte Comado que terá lugar os días 15 e 16 de outubro. Está organizada pola asociación comisión veciñal de Reinante e pola peña barcelonista San Miguel e conta coa colaboración de Casa Elena Turismo Rural, Actibot, Café Bar Moderno, Hotel Río Masma, Pinturas Centeno, Concello de Barreiros e Agrupación de Protección Civil de Barreiros.

O día 15 terá lugar a III ½ km Vertical Monte Comado con saída ás 17:00 horas dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante). O mesmo día tamén se disputará un mini trail infantil no cumio de Monte Comado a partir das 18:00 horas.

Xa o día 16 de outubro ás 10:00 horas darase a saída o II Trail Monte Comado con 21 km e un desnivel de +1350 aprox. (saída e chegada a praza de Reinante).

No acto celebrado onte no Concello de Barreiros participaron o alcalde, Alfonso Fuente; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; e membros da organización da carreira Monte Comado.

Toda a información e inscricións atópase na páxina http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/

Regulamento-carreira-comado