Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros, de excursión en Outeiro de Rei

12316145_10208336653883971_302052265227017469_n12313567_10208336653163953_1005476381690289300_nBarreiros, 11 de decembro de 2015.-Os alumnos do Ceip San Cosme de Barreiros foron este venres de excursión a Outeiro de Rei. Primeiro realizaron un percorrido polo Zoolóxico Ornitolóxico Avifauna, logo deron un paseo pola Área Recreativa Penas de Rodas e terminaron a xornada no Obradoiro de Instrumentos Musicais Xaneco, onde recibiron unha interesante charla sobre a construción de instrumentos da man do artesán. Unha actividade do Ceip e a APA, coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.