CORRECCIÓN!!! NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE BARREIROS (LECER CONSUMO)‏

 ATA O 12 DE AGOSTO ESTARÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA CAMPAÑA LECER CONSUMO, DESTINADA A FOMENTAR UN CONSUMO RESPONSABLE ENTRE OS MÁIS NOVOS A TRAVÉS DE ACTIVIDADES LÚDICAS. EN BARREIROS SERÁ O DÍA 17.

Lecer2Barreiros, 8 de agosto de 2016. O 17 de agosto o pavillón municipal acollerá a campaña denominada Lecer Consumo, coa que o Concello e a Xunta pretenden fomentar o consumo responsable entre os máis novos a través de actividades lúdicas.

De 10:30 a 11.30 horas os nenos e nenas de 3 a 7 anos participarán nunha actividade denominada “O xogar non ten cancelas”. E de 11:30 a 13:30 horas será o tempo para os rapaces e rapazas de 8 a 12 de nenos, que acudirán a unha actividade chamada “No verán un lecer responsable está na túa man”.

@s interesad@s en participar nestas actividades poden inscribirse ata o vindeiro venres, 12 de agosto, na Oficina de Turismo do Concello de Barreiros. Están organizadas polo Concello e contan coa colaboración do Instituto Galego de Consumo, da Xunta de Galicia.