Ollomao convoca un certame fotográfico con motivo da celebración da carreira “Monte Comado Trail+ ½ km. vertical”

Ollomao convoca un certame fotográfico con motivo da celebración da carreira “Monte Comado Trail+ ½ km. vertical”

A persoa autora da fotografía gañadora recibirá como premio unha estadía nunha casa rural.

O Colectivo Cultural Ollomao convoca a quinta edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros”. Coa finalidade de colaborar na promoción das actividades que contribúen á dinamización da localidade, Ollomao súmase á carreira “Monte Comado Trail + ½ km. vertical”, centrando nesta e nas paisaxes do percorrido da mesma, a temática deste certame. Dende o Colectivo Cultural Ollomao preséntase esta iniciativa coa pretensión de contribuir a dar a coñecer a riqueza natural barreirense, á vez que se colabora na promoción das alternativas lúdicas e deportivas que este entorno ofrece.

Un dos requisitos deste concurso é que as fotografías participantes deben estar realizadas o domingo, 11 de outubro, no tempo de duración da proba deportiva. Asimesmo, as imaxes participantes, aínda podendo ter como elemento central a paisaxe, deberán conter algún elemento identificativo da carreira. Poderán participar todas as persoas que o desexen, indepentemente da súa idade, dado que non existen modalidades diferenciadas; enviando ata un máximo de 3 fotografías ata o mércores, 14 de outubro incluido ao enderezo electrónico da asociación (colectivo.cultural.ollomao@gmail.com). A foto gañadora, que será elixida mediante procedemento de votación popular na páxina que o Colectivo Cultural Ollomao ten na rede social facebook, estará aberta entre os días 15 e 18 de outubro, e o 19 será dada a coñecer a persoa gañadora. Esta recibirá como premio un vale por unha estadía nunha casa rural.

O Colectivo Cultural Ollomao ten a disposición de todas as persoas interesadas as bases deste certame no seu blog www.blogoteca.com/ollomao, así como habilitadas as canles de correo-e no enderezo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com; e no teléfono 650542932, para resolver calquera dúbida en relación a este certame.