Oliver Laxe presenta este mércores en San Xusto (Barreiros) ás 21:30 a súa película “O que arde”

Oliver Laxe presenta este mércores en San Xusto (Barreiros) ás 21:30 a súa película “O que arde”

25-08-20

 Barreiros, martes 25 de agosto 2020. O “Barreiros Convídate”, a programación cultural que o Concello de Barreiros está a desenvolver neste mes de agosto e que continuará en setembro chega este mércores 26 á parroquia de San Xusto, en pleno corazón da zona sur do concello, coa proxección da película “O que arde”. Será no campo da festa, ao aire libre e adoptando as medidas marcadas polas normas sanitarias vixentes.
Ás 21:30 será a presentación do film, coa presenza do director Oliver Laxe e o actor Amador Arias. A continuación, ás 22:00 comenzará a proxección. Desde a concellalía de Dinamización Social, Daniel García convida a asistir a este evento “que terá lugar nun marco incomparable, no corazón do val que conforman as parroquias de San Xusto e Cabarcos, e que trata unha temática moi de actualidade, que o director Oliver Laxe transmite de xeito maxistral nesta película que xa recibíu varios galardóns, destacando o premio do xurado no festival de Cannes, e o premio Goya á mellor actriz revelación a Benedicta Sánchez”, afirmou.
Esta programación cultural que empezou o pasado 3 de agosto, e que está sendo moi ben recibida e con alta participación de público prolongaráse ata o 27 de setembro.

Oliver Laxe presenta este mércores en San Xusto (Barreiros) ás 21:30 a súa película “O que arde”