O vindeiro venres comezaremos con labores de desinfección das beirarrúas nas zonas de máis uso

ℹ️O vindeiro venres comezaremos con labores de desinfección das beirarrúas nas zonas de máis uso, como diante do centro de saúde, farmacias, supermercados, parques infantís e outras zonas nas que poida haber máis actividade humana.
🚒 Para esa finalidade utilizarase a motobomba municipal, que se dotará dunha solución con hipoclorito sódico, segundo as recomendacións de limpeza existentes.
⚠️ Pedimos que extremedes as precaucións en caso de ter que circular (por algunha das causas que están expresamente previstas), xa que conterá lixivia.