O VINDEIRO LUNS, 2 DE OUTUBRO, DAN COMEZO AS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BARREIROS, QUE OFERTAN 7 MODALIDADES: MULTIDEPORTE, XOGOS PREDEPORTIVOS, PATINAXE, NATACIÓN, FÚTBOL SALA, XIMNASIA E AEROBIC

O VINDEIRO LUNS, 2 DE OUTUBRO, DAN COMEZO AS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BARREIROS, QUE OFERTAN 7 MODALIDADES: MULTIDEPORTE, XOGOS PREDEPORTIVOS, PATINAXE, NATACIÓN, FÚTBOL SALA, XIMNASIA E AEROBIC.

Barreiros, 29 de setembro de 2017. As Escolas Deportivas de Barreiros fixeron a súa presentación da nova temporada no día de onte, 28 de setembro, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro e na que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Fuente Parga, o concelleiro de Deportes, Adrián Blanco e os monitores deportivos.

As modalidades deportivas (7) que se ofertan para esta temporada 2017-2018 son as seguintes:

Xogos Predeportivos: Martes de 14:30 – 15:30 horas no Ceip de San Miguel

Multideporte: Martes de 16:45 – 18:00 horas

Patinaxe: Martes de 16:30 – 19:30 horas

Natación: Xoves de 17:15 – 18:00 horas

Fútbol Sala Biberón: Luns e Mércores de 16:45 – 17:45 horas

Fútbol Sala Prebenx.: Mércores de 17:45 – 18:45  e Venres de 16:45 – 17:45 horas

Fútbol Sala Benxamin: Martes de 18:30 – 20:00 e Venres de 17:45 – 18:45 horas

Fútbol Sala Alevin: Mércores e Venres de 17:45 – 20:15 horas

Ximnasia San Miguel: Luns e Mércores 17:45 – 18:45 horas

Ximnasia San Cosme: Luns e Mércores 19:00 – 20:00 horas

Ximnasia Cabarcos: Luns 16:15 – 17:15 horas

Ximnasia San Xusto: Xoves 16:15 – 17:15 horas

Aerobic San Cosme: Martes de 20:00 – 21:00 e Xoves de 19:30 -20:30 horas

Aerobic San Xusto: Martes 21:45 – 22:45 e Venres 21:15 – 22:25 horas

As actividades darán comezo o vindeiro luns, 2 de outubro, e finalizarán o 31 de maio do 2018. Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 606 741 038 ou ben remitir un mail ao enderezo: [email protected]

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.