O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE XUÑO, TRES CÓMICOS EXCEPCIONAIS OFRECERÁN UNHA GALA DE HUMOR E COMEDIA EN BARREIROS

O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE XUÑO, TRES CÓMICOS EXCEPCIONAIS OFRECERÁN UNHA GALA DE HUMOR E COMEDIA EN BARREIROS.

Barreiros, 8 de xuño de 2017. Barreiros acolle a representación do espectáculo Falar sen Cancelas este domingo, 11 de xuño.La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, texto

Culturactiva SCG pon en escena esta obra protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, e dirixida por Diego Rey. Os tres recoñecidos actores cómicos ofrecen unha gala chea de humor e comedia.

A cita será o vindeiro domingo, 11 de xuño, ás 19:30 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta e Agadic, e colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e Oficina de Información Xuvenil.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *