O VENRES, 5 DE AGOSTO, CHEGA A BARREIROS UN ESPECTÁCULO DE TEATRO MUSICAL MESTURADO CON MAXIA CÓMICA. ESTÁ DESTINADO A TODOS OS PÚBLICOS

O VENRES, 5 DE AGOSTO, CHEGA A BARREIROS UN ESPECTÁCULO DE TEATRO MUSICAL MESTURADO CON MAXIA CÓMICA. ESTÁ DESTINADO A TODOS OS PÚBLICOS.

animar-tBarreiros, 1 de agosto de 2016. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este venres, 5 de agosto, un espectáculo de teatro musical mesturado con maxia cómica. Animar-T representará “Laia, aprendiz de maga” a partir das 12:30 horas. Trátase dunha cita para todas as idades e enmárcase no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

A historia conta “a admiración de Laia polo seu avó mago, vese destruída pola decisión de seu pai de levar ao avó a unha residencia. Laia fai o posible para conseguir que o avó regrese á casa”.

O espectáculo está organizado pola Agadic e a Xunta e conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Delegación Municipal de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.