O PSOE propón que a rebaixa dos impostos non sexa só para o sector agrogandeiro, senón para todos os veciños

Barreiros 12/05/2015.- O PSdeG de Barreiros tras o anuncio feito en prensa polo Alcalde Sr Fuente Parga de rebaixar ata nun 95% o IBI ás explotacións agrogandeiras, e estando nun principio a favor desta medida xa que devandito sector ten un peso importante no noso concello e esta atravesando momentos difíciles, cree que é o momento de dar un paso mais e non solo rebaixar o tipo impositivo ao sector agrogandeiro, senón a tódolos veciños e veciñas do Concello e así o fai constar nunha moción rexistrada para o seu debate pola corporación municipal no vindeiro Pleno.

Posto que os Barreirenses soportamos o Imposto de Bens Inmobles máis alto de Galicia – explica Maria Carmen Veiga –  xa que temos un tipo impositivo de 0,88 para Urbana e un 0,60 para Rústica e no que respecta á urbana temos a “dubidosa honra” de ter máis carga impositiva que Lugo Capital ou calquera outro Concello da Provincia, máis alto que  Santiago, A Coruña, Ourense, Pontevedra, etc., os socialistas consideramos necesaria e urxente unha rebaixa do tipo impositivo de forma Universal, tanto para Urbana como para Rústica, e non nos valen desculpas de que poida afectar á estabilidade orzamentaria, por isto solicitamos se fagan cantos informes técnicos sexan necesarios para determinar a cuantía a rebaixar.

Así mesmo dado que o Concello de Barreiros, deixou expirar a moratoria da Normativa Europea que Obrigaba a dotar a todos os núcleos rurais de Saneamento, cuxa Normativa é do ano 2000  e tiña unha moratoria de 15 anos e polo tanto expirou o ano pasado. E ante un compromiso alcanzado polo Grupo Municipal socialista coa Alcaldía en Pleno, que ante o prexuízo que a falta de saneamento e o incumprimento da Normativa europea ocasionaba aos veciños e veciñas que carecían de dito saneamento por falta de infraestruturas para o mesmo, e xa que o alcalde se comprometeu a resarcilos dos prexuízos ocasionados. O grupo socialista cree que chegou o momento de que se adopte un acordo, para a redución do 50% de recibo de IBI a aqueles inmobles que non teñan acceso ao servizo de Rede de sumidoiros e Saneamento, mentres se atopen en dita situación e sen prexuízo de outras reducións que lles puidesen beneficiar.

Por outra banda, conscientes de que a revalorización Catastral que houbo recentemente supuxo un incremento dos valores catastrais e polo tanto un gran aumento nos recibos do IBI da maioría dos veciños e veciñas de Barreiros, superiores a un 60% e mesmo en moitos casos a unha porcentaxe mais alta. Visto que un importante número de vivendas incrementaron o seu valor catastral nun 500% co consecuente problema á hora de poder vendelas, herdalas, etc.., xa que o Imposto de Transmisión de Bens Patrimoniais  se incrementou, o grupo socialista entende que se debería solicitar ao Catastro un novo Relatorio Catastral, á BAIXA, na valoración do chan e os bens inmobles para axustalo aos usos reais dos mesmos.