O PSOE de Foz convida a participar na celebración do 1º de Maio no Bispo Santo Foz

O PSOE de Foz convida a participar na celebración do 1º de Maio no Bispo Santo Foz.- 23/04/2016 A Agrupación Socialista de Foz convida a tódolos veciños, veciñas, simpatizantes e militantes de Foz e da comarca da Mariña, a celebrar o 1º de Maio compartindo o tradicional xantar, que levan celebrando ininterrompidamente dende fai 30 anos por esta data, na área recreativa do monte Bispo Santo, baixo unha carpa, a carón da vila de Foz. A partires da unha do mediodía comezará a recepción dos asistentes, para a partires das dúas degustar un menú composto por: paella mixta, lacón asado con patacas e pementos e Tarta Santiago, viños, refrescos café e licores variados. O prezo é de 20€ para os adultos, gratuíto para menores de 4 anos e de 10€ para os nenos e nenas de 5 a 10 anos. Quen queira asistir ten que anotarse chamando ao teléfono 667 052 058 antes do mércores día 27.