O PSOE de Barreiros congratúlase de que o Pleno do Concello de Barreiros, aprobase o rechazo mais absoluto á violencia de xénero

O PSOE de Barreiros congratúlase de que o Pleno do Concello de Barreiros, aprobase co apoio de tódolos grupos municipais , una moción presentada polo grupo socialista na que se mostra o rechazo mais absoluto á violencia de xénero e a solidaridade coas víctimas, cos seus familiares e amigos, ao tempo que insta ao Concello a participar, no marco das súas competencias, nas medidas que poidan levarse a cabo de carácter preventivo, paliativo, de información e sensibilización, situando o problema desta violencia entre las prioridades de actuación da Corporación.

O texto da moción consta de varios epígrafes, nos que se recolle o apoio a un Pacto contra a violencia de género, con compromisos perdurables- comenta a voceira socialista Carmen Veiga. Trátase – dí – non solo de condenar as escalofriantes cifras que supoñen os asasinatos de mulleres e os actos de violencia contra elas, senón de comprometerse coas labores de detección, prevención e respuesta á violencia de xénero, sostendo e incrementando tódolos servizos disponibles, recursos persoais, materiais e políticos de competencia municipal, para fomentar a igualdade, a prevención, a atención xurídica, social e psicolóxica das vítimas da violencia machista e os seus fillos e fillas.

Os concellos, como institución máis próxima, son imprescindibles para a prevención e a atención social das mulleres que sufren esta lacra, polo que nos satisface moito – di Carmen- o apoio unánime da corporación municipal a esta loita que se ten que extender a tódolos días do ano, de tódolos anos ata logar a súa erradicación.