O PSdeG-PSOE de Foz vai facer una campaña de proximidade de cara as eleccións xerais do 20 de decembro

O PSdeG-PSOE de Foz vai facer una campaña de proximidade de cara as eleccións xerais do 20 de decembro.

Foz 4/12/2015.- No día de onte coa tradicional pegada de carteis os socialistas de Foz arrancamos una campaña electoral baseada na proximidade, no cara a cara, cos veciños e veciñas de todas as parroquias do concello.

Co fin de explicar o programa co que o PSOE concorre as eleccións do 20 de decembro, un programa pensado para recuperar a España das oportunidades, das liberdades, da xustiza social, da igualdade, o estado de benestar. Un programa para recuperar uns dereitos que todos considerabamos absolutamente intocables e o PP cercenou na pasada lexislatura.

Queremos explicar que si Pedro Sánchez alcanza a Presidencia do Goberno de España ten o firme compromiso de derogar a nefasta reforma laboral do PP, que non trouxo mais que perdidas de dereitos dos traballadores e traballadoras, baixadas de salarios, emigración e precariedade, de eliminar os copagos sanitarios, revitalizar a lei de dependencia, de derogar a LOMCE e facer das becas un dereito…etc

Faremos mitins, empezando este domingo, os seguintes días e lugares:

  • Domingo 6: San Martiño, teleclub ás 12,00h e Cordido, escola, ás 18’30h.

  • Luns 7: Vilaronte, local da asociación O Castro ás 19’30h.

  • Martes 8: Cangas, Centro Cívico, ás 19’00h.

  • Mércores 9: Santa Cilla, Centro Social, ás 20’00h.

  • Venres 11: Barrio de Marzán, Local Social, ás 20’00h.

  • Sábado 12: Fazouro, escola, ás 19’00h.

  • Domingo 13: Nois, Centro Cívico, ás 19’00h.

  • Luns 14: San Acisclo, escola, ás 20’00h

  • Martes 15: Foz, Sala Bahía.

Convidamos a todos os veciños e veciñas a acompañarnos na lexislatura da igualdade, o progreso e avance nos dereitos que solo pode vir da man do PSOE, construíndo un futuro para a maioría e non solo para uns poucos privilexiados coma nos catro últimos anos de goberno do PP.

Tamén aproveitaremos para contarlles como vai a vida municipal, na que que nos últimos tempos están riba da mesa temas tan candentes coma o IBI e o Catastrazo, por exemplo, respondendo a calquera pregunta que os asistentes queiran formular.