O PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA FALAREDES TRAE O DÍA 17 A BARREIROS UN CONCERTO DE XOÁN CURIEL DIRIXIDO ÁS FAMILIAS

O PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA FALAREDES TRAE  O DÍA 17 A BARREIROS UN CONCERTO DE XOÁN CURIEL DIRIXIDO ÁS FAMILIAS.

Barreiros, 14 de xullo de 2015. Os nenos e as nenas de Barreiros poderán gozar o próximo 17 de xullo xunto aos seus pais dun concerto de Xoán Curiel e a banda Son+d2 no que se mesturarán estilos coma blues, funk, rock ou bossa nova. O espectáculo que FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que a Xunta de Galicia pon en marcha por cuarto ano nos concellos de Galicia, preséntase baixo o título Estamos no verán!!! e terá lugar ás 20 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.

O concerto está dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos e, ademáis da variedade musical proposta conta con divertidas coreografías a cargo da bailarina Marta Alonso, unha combinación coa que se espera facer bailar a cativos e pais.