O PRAIAS DE BARREIROS INCORPORA A XOIA E DAVID FERNÁNDEZ

O PRAIAS DE BARREIROS INCORPORA A XOIA E DAVID FERNÁNDEZ.

O conxunto barreirense reforza o seu plantel de cara á segunda parte da tempada.

Logo de competir case toda a primeira volta con escasez de efectivos, os barreirenses veñen de dar a alta a dous xogadores de garantías.

Gabriel Costa Pose (25/06/1993) máis coñecido no mundo do fútbol sala como “Xoia”, chega a Barreiros para darlle un salto de calidade ó equipo, trátase dun xogador zurdo con pegada, habilidoso no un contra un, e caracterizado pola súa competitividade. Ós seus 23 anos conta xa cun dilatado curriculum deportivo, tralo seu paso por conxuntos como o Porto Celeiro F.S, Burela F.S e Cidade de Viveiro F.S.

Por outro lado David Fernández Fernández (18/08/1992) é un xogador burelés que destaca pola súa visión de xogo e polo seu derroche defensivo, ademáis atesora unha pegada importante na súa perna dereita. David é un canteirán do Burela F.S que pasou por todas as categorías do conxunto laranxa ata xuvenís.

O Praias de Barreiros ven de empatar na última xornada ante o Culleredo F.S (1-1) un dos conxuntos máis fortes da categoría, nun partido moi completo dos pupilos do novo adestrador, Juan Antonio Fernández. Este sábado (18.30 horas) recibirán ó Alameda Xarío no Pavillón Municipal, un partido no que o adestrador ribadense xa case poderá contar coa totalidade do plantel, agás Ayala que será baixa.

Por outro lado os de Barreiros recuperan dous xogadores importantes que se atopaban de baixa por lesión: David, porteiro que levaba 3 meses de baixa por mor dunha lesión na rodilla dereita, e Borja que tras dous meses de baixa por unha rotura no aductor esquerdo foi dado de alta esta semana.