O Praias de Barreiros FS proclámase campión da Liga Provincial Masculina de fútbol sala de Lugo

O conxunto barreirense impúxose en Sarria por 2 goles a 6 á Peña Españolista, unha victoria que o confirma como o campión da Liga Provincial Masculina de fútbol sala de Lugo a falta de seis xornadas para o final da competición. O primeiro posto acadado de forma matemática conleva tamén o ascenso directo á Liga Autonómica de fútbol sala.

O Praias de Barreiros saiu moi concentrado á pista do Pavillón Jose Mario González (Chanto) de Sarria, dous goles de Sergio nos primeiros minutos puxeron por diante ó cadro barreirense que se marchou ó descanso cun 1-4 a favor. Os integrantes do conxunto local non baixaron os brazos e atacaron toda a segunda parte con porteiro-xogador, os barreirenses defenderon a renta e aproveitaron as ocasións que tiveron para ampliar a vantaxe ata o 2-6 final.

O Praias de Barreiros leva unha racha imparable na súa primeira tempada na Liga Provincial, contando os 14 encontros disputados ata o momento como victorias, con 78 goles a favor e tan só 21 en contra. Uns resultados que sumados ós dous encontros que lle restan por disputar ó cadro barreirense ante o excluído Ribeiras do Neira (e que se resolverán por 3-0), garantizan o primeiro posto ó final da tempada. O conxunto barreirense descansará precisamente este próximo fin de semana por este motivo, e volverá á competición o próximo 14 de marzo na pista do Cubelas FS.