O Praias de Barreiros FS exercerá como anfitrión na fase final da Copa Federación de fútbol sala de Lugo

O Praias de Barreiros FS exercerá como anfitrión na fase final da Copa Federación de fútbol sala de Lugo

O conxunto barreirense certificou a súa presencia nas semifinais da Copa Federación de fútbol sala para conxuntos de Liga Provincial e Autonómica o pasado sábado en Begonte. A pesar de caer derrotados por 5 goles a 4, os mariñáns clasificáronse para a fase final ó vencer no encontro de ida por 4 goles a 3.

O Praias de Barreiros enfrontarase na primeira semifinal a outro conxunto da Liga Provincial de fútbol sala, o Talleres Vilaboa. Os de Lugo acadaron a clasificación tras empatar os dous encontros ante o Castroverde FS (2-2 e 3-3) o valor dobre dos goles fóra da casa resultou decisivo nesta eliminatoria.

Pola outra parte do cadro, o Outeiro de Rei FS derrotou con solvencia ó CD Cubelas FS nos dous encontros (5-1 e 1-8) e enfrontarase ó Hotel Roma FS, que resultou vencedor no duelo entre os dous conxuntos de Sarria, na ida empataron 2-2 coa Peña Españolista e no encontro de volta impuxéronse pola mínima (5-4).

Polo tanto, o cadro final da Copa Federación de fútbol sala de Lugo que se disputará o próximo sábado 30 de maio no Pavillón Municipal de Barreiros é o seguinte:

Semifinal 1 | 16:30 horas | Praias de Barreiros – Talleres Vilaboa

Semifinal 2 | 18:00 horas | Hotel Roma  – Outeiro de Rei

FINAL 19:30 horas