O Praias de Barreiros busca o apoio dos seus

15253610_994875123949903_2143590008292184405_n

Praias de Barreiros C.D.

O Praias de Barreiros busca o apoio dos seus

O inicio da segunda campaña do equipo barreirense na Liga Autonómica Gallega Norte non está a ser todo o boa que se podía esperar. Os pupilos de Andrés López acumulan nove puntos nas dez primeiras xornadas da competición, froito de tres victorias acadadas no Pavillón Municipal ante o Castroverde, Begonte e o Lasso FS. A directiva do Praias espera que a última victoria ante o equipo de Sarria supoña un punto de inflexión na mala xeira de resultados.

É algo máis que manifesto o feito que o cadro barreirense se encontra máis cómodo actuando como local e por iso espera converter o Pavillón Municipal nun fortín, coa calor da súa afección. Tamén xogan un papel protagonista os patrocinadores do clube, como é o caso do Eroski City Barreiros, un dos apoios fundamentales xa que se trata dun dos patrocinadores que se mantén dende a creación do clube. Por iso, a directiva, corpo técnico e plantilla visitaron as instalacións do Eroski para agradecer toda a súa colaboración. Un xesto de volta ás orixes co que o clube espera recuperar as boas sensacións de antano.