O PP de Barreiros ofrece ao goberno local colaboración e a súa experiencia para buscar fórmulas para contratar os socorristas necesarios para este verán

O PP de Barreiros esixe que a alcaldesa e os concelleiros do BNG “paguen do seu peto” os gastos xudiciais polas “denuncias falsas” contra o anterior equipo de goberno

Os populares censuran o vitimismo da rexedora cando é a principal responsable desa mala praxe que supuxo xudicializar a vida municipal en base a mentiras, que foron desacreditadas nos tribunais

Barreiros, a 21 de xullo de 2020. Os populares de Barreiros esixen que a alcaldesa e os edís do BNG “paguen do seu peto” os gastos xudiciais polas denuncias falsas contra o anterior goberno municipal. No PP consideran que a rexedora e os seus compañeiros nacionalistas son os “principais responsables” desta situación, xa que “coa única vontade de obter rédito político e desgastar ao Goberno do PP, xudicializaron a actividade municipal con mentiras”.

Os populares indican que “Ana Ermida e os seus compañeiros nacionalistas, co apoio do BNG na Deputación e doutros colectivos afíns, dedicáronse a presentar denuncias falsas e impugnar as decisións do goberno do PP con argumentos que despois os tribunais acreditaron como falsos”. Engaden: “E, por se iso non fora suficiente, dilataron os procesos xudiciais con recursos, xerando o dereito a costas e intereses que agora ten que asumir o Concello”.

Para o PP é inaceptable o vitimismo da alcaldesa, que agora di verse obrigada a recortar investimentos e ve reducida a capacidade de actuación do actual goberno municipal por ter que afrontar eses gastos.

Os populares sinalan: “Se de verdade Ana Ermida quere defender o interese xeral e preservar á veciñanza desa mala praxe, que ela mesma protagonizou sendo oposición, xunto cos edís do BNG, pode facelo asumindo do seu peto eses gastos xudiciais e liberando ao Concello deses pagos”.

O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, di que queda aínda moito verán por diante e hai que conseguir socorristas para prever accidentes e intervir no salvamento cando sexa preciso

Barreiros, 18 de xullo de 2022. O grupo municipal popular de Barreiros está seriamente preocupado polo déficit de socorristas nas praias do Concello e quere aportar a súa experiencia para colaborar na solución do problema. Nesta liña, presenta unha iniciativa plenaria, segundo adiantou o portavoz popular, José Manuel Gómez Puente.

O PP, sempre co ánimo de sumar para axudar a resolver os problemas do municipio, quere que o Concello solucione canto antes o déficit de socorristas para estes meses de verán nas praias de Barreiros. É unha necesidade que recentemente se puxo dramaticamente de manifesto.

Os populares queren aportar a súa experiencia para colaborar na solución do problema. Gómez Puente lembra que cando gobernaba o PP, en Barreiros había un servizo de socorristas punteiro. As circunstancias cambiaron, pero aínda así Barreiros, di o portavoz popular, ten que contar co número de socorristas necesarios para cubrir debidamente o litoral no tramo que lle corresponde.