O PP acusa á alcaldesa de primar o interese do BNG sobre o de Barreiros e esixe medidas para superar o abandono no que ten ao municipio

O PP acusa á alcaldesa de primar o interese do BNG sobre o de Barreiros e esixe medidas para superar o abandono no que ten ao municipioLa imagen puede contener: 1 persona

15-07-20

 Barreiros, a 15 de xullo de 2020. Para o municipio de Barreiros, os meses de xullo e agosto son pezas clave na súa economía. Sabendo que é así e que, debido a crise sanitaria, vén unha grave crise económica, a alcaldesa, Ana Ermida (BNG), preocupouse máis de intentar que non se celebraran as eleccións autonómicas que de adoptar as medidas precisas para que Barreiros non perda totalmente este verán. Así o indica o portavoz municipal de PP, Alfonso Fuente Parga, que di que a estas alturas a preocupación nos distintos sectores afectados é moi alta, e reclama do goberno local que adopte as medidas oportunas e reclame o apoio da Deputación para a reactivación económica de Barreiros e do conxunto da Mariña. Fuente manifesta: “Os gobernos locais pilotados por socialistas e nacionalistas, e a propia Deputación, fixeron un grave dano a imaxe da Mariña, en xeral, e de Barreiros en particular, ao reclamar que non se levaran a cabo as eleccións por cuestións sanitarias; a mensaxe tiña outra lectura: se votar non era seguro, tampouco o eran outras actividades. E así moitos dos que xa chegaran A Mariña para pasar días de descanso acabaron marchando. O dano feito a imaxe da comarca, por puro interese político e electoral, foi moi grande; agora teñen a obriga de pedir perdón e traballar para compensar o dano causado”. Os populares están convencidos de que Hermida escribe Bloque en maiúsculas e pon en minúsculas o nome do seu municipio.

Fuente sinala: “A alcaldesa fixo todos os esforzos posibles para que non se celebraran as eleccións autonómicas; é dicir, por interese puramente político, preferiu xogar a carta do medo e deixou abandonados ao comercio e a hostalería, que agora se encontran nunha situación moi difícil, moi complicada”.

O mesmo representante popular declara: “A xestión do goberno local, sinaladamente da alcaldesa, foi tan nefasta para Barreiros que nin sequera cubriu a oferta pública de emprego do Concello e así non hai socorristas abondo para atender as praias do municipio. Non foi capaz de dotar as praias dos medios precisos e non se puideron izar as bandeiras azuis que tanto nos anunciou que se recuperaran; creo que este é un dato ben representativo da calidade da xestión da alcaldesa”.

Fuente Parga destaca que a estas alturas, as estradas que dan servizo as praias están en moi mal estado e, como mal remedio, a Deputación, da que dependen, aínda está empezando agora a tapar as fochancas. “É un remendo vergoñento para saír do paso, pero non é a maneira de xestionar adecuadamente os recursos de que dispón un municipio para o que o verán é unha época fundamental para a súa economía”.

Hai que recordar que o deputado José Manuel Gómez Puente reclamou a primeiros deste mes o desbroce da estrada LU-P-0610, que da servizo, entre outras, á praia de Fontela, na parroquia de San Pedro de Benquerencia e constitúe o acceso a praia das Catedrais. Agora quedan por facer todas as melloras en canto a pavimentación e sinalización. Alfonso Fuente indica: “A alcaldesa de Barreiros o que ten que facer e reclamar da Deputación que deseñe e aplique un plan para o relanzamento da Mariña, tanto mediante unha decidida promoción turística como mediante a mellora das infraestruturas”. A este respecto, como xa se anunciou, o grupo provincial do PP, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, defenderá no próximo pleno da Deputación unha proposta para un plan de reactivación económica da Mariña.