O plan municipal para As Catedrais alonxará os aparcadoiros do enclave

O Concello adxudicóulle á consultora coruñesa Crecente Asociados a elaboración do proxecto. A web de reservas da Xunta avariouse o pasado venres.Control de acceso e aparcadoiro ao fondo, nas Catedrais. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

Control de acceso e aparcadoiro ao fondo, nas Catedrais. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

Sábado 18 de Julio de 2015 | Isabel García | Ribadeo

O Concello ribadense adxudicóulle, por uns 40.000 euros, á consultoría coruñesa de Crecente Asociados, a elaboración do plan municipal especial de protección das Catedrais, que debera ser compatible co anteproyecto autonómico. A edil de turismo, Ana Martínez, sinala que un dos obxectivos do proxecto, que podería empezar a aplicarse o vindeiro verán, é o de alonxar os aparcadoiros actuais: «Hai un lugar para estacionar de Costas, xusto sobre o monumento, e outro privado fronte ao restaurante, cando non debera haber coches enriba do areal. Por exemplo, en Francia, para ir ata o castelo de Saint Michel, hai que ir a pé porque retiraron os vehículos», exemplifica.

«Enriba dun monumento natural non debera haber coches e o plan vai propoñer ideas de conservación e de ordeamento do espazo, ademais vaise someter a un periodo de alegacións co que se recabarán máis opinións», avanza.