O PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAN COSME ACOLLERÁ O 23 DE DECEMBRO MOITAS ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS.  ADEMÁIS RECOLLERANSE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS PARA O BANCO DE ALIMENTOS

O PAVILLÓN MUNICIPAL DE SAN COSME ACOLLERÁ O 23 DE DECEMBRO MOITAS ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS.  ADEMÁIS RECOLLERANSE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS PARA O BANCO DE ALIMENTOS.

Barreiros, 19 de decembro de 2017. O pavillón municipal de San Cosme será escenario o vindeiro sábado, día 23, de moitas actividades para os máis pequenos, entre as que destaca a especial recepción que ofrecerá Papá Noel aos asistentes.

Esta festa de animación infantil desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas.

Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións… Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical.

A organización agradece a todos os asistentes que leven alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Para atender esta petición haberá un punto de recollida destes produtos no propio pavillón de San Cosme.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *