O León come gamba

Refugio Tapería O Castro ofrece este venres en Barreiros unha versión mellorada do ‘León come gamba’

leoncomegamba-taperiaocastro

Barreiros, 29 de abril de 2015.

Cada venres Refugio Tapería O Castro, de Barreiros, ofrece unha tapa especial aos seus clientes. A prevista para o venres 1 de maio será aínda máis sorprendente e divertida do habitual. A preparación elixida para esta ocasión é unha versión mellorada do prato denominado “León come gamba” que se fixo moi popular tras presentalo un dos concursantes do programa de televisión Masterchef e que recibiu por iso duras críticas do xurado sendo expulsado fulminantemente do concurso porque consideraron que ese prato non daba o nivel.

A idea de ofrecer esa tapa este venres foi da cociñeira da Tapería O Castro, Mailén Escobar, que está traballando desde fai días para elaborar unha versión moi mellorada do “León come gamba” con pataca, pementos, gambas, fideos chineses e crema de marisco.