O grupo municipal socialista ven de presentar dúas novas mocións para o seu debate no pleno do Concello de Foz

O grupo municipal socialista ven de presentar dúas novas mocións para o seu debate no pleno do Concello de Foz.

A primeira delas fai referencia á confluencia da estrada N-642 coa estrada LU-152, onde calquera que circule pola zona pode comprobar, as continuas retencións e os constantes problemas de trafico que se producen no cruce de ambas estradas, agravándose no verán co incremento do numero de vehículos que acceden as localidades costeiras entre elas o pobo de Foz.

Co motivo de buscar unha solución a estes problemas o PSdeG-PSOE quere acadar da Corporación Municipal un acordo para instar as administracións competentes, Ministerio de Fomento e Medio-ambiente da Xunta de Galicia, a estudiar a posibilidade de situar unha rotonda nesa confluencia ou barallar outras alternativas coma un carril de acceso e un paso elevado que melloren a seguridade viaria tanto dos vehículos coma dos peóns.

A segunda delas ten que ver co paseo que discorre pola marxe esquerda na desembocadura do rio Ouro e o mal estado no que, dende xa fai tempo, se atopa. Ao igual que o aparcadoiro da area recreativa da Pampillosa, en pésimo estado de conservación e con innumerables fochancas

O PSdG-PSOE proporá un acordo, para instar ao equipo de goberno, ó arranxo do Paseo marítimo da Pampillosa e o asfaltado ou rebacheado  do aparcadoiro de dita area recreativa.

Os concelleiros socialistas contan con que ambas mocións acaden o apoio dos grupos da corporación, posto que redundan en mellorar a seguridade dos veciños e visitantes de Foz.

 

Foz 16 de setembro de 2016