O GOBERNO DE BARREIROS QUITA6.000 EUROS DOS CAMIÑOS PARA DESTINAR A PUBLICIDADE E PROPAGANDA

O GOBERNO DE BARREIROS QUITA 6.000 EUROS DOS CAMIÑOS PARA DESTINAR A PUBLICIDADE E PROPAGANDA

Esta cantidade súmase aos 10.000 euros que se contemplaban nos orzamentos inicialmente

Barreiros, 30 de novembro de 2018. Mediante unha resolución da alcaldía do 23 de novembro, o goberno do Partido Popular en Barreiros vén de aprobar sacar 6.000 euros do investimento en camiños para destinalos a publicidade e propaganda.

Para o BNG esta modificación do orzamento demostra que “o goberno de Barreiros está máis preocupado de vender a súa propia imaxe que do estado no que están os camiños que usan as veciñas e veciños”, asegura a portavoz municipal, Ana Ermida.

“É unha verdadeira lástima estar sufrindo un goberno coma este, que só se preocupan de si mesmos e de meter cartos en pagar publirreportaxes para limpar a imaxe nefasta que calquera persoa que vexa como está Barreiros ten”, afirman desde o BNG.

“Con estas actuacións demóstrase cales son as prioridades deste goberno municipal. É absolutamente vergoñento que, coa situación que teñen os camiños municipais nin sequera investiran os miserables 70.000 euros que se orzamentaban inicialmente.” Ana Ermida cualifica de “obsceno” o feito de que se deixen cartos sen gastar nesta partida e decidan gastalos en propaganda e publicidade.

A formación nacionalista lamenta ademais que “todos estes cartos que o goberno destina a propaganda e publicidade -estes 6.000 euros que se suman aos 10.000 que xa se contemplaban nos orzamentos- son absolutamente inútiles no caso de Barreiros; porque a situación que ten este concello como consecuencia da xestión do goberno municipal non se maquilla nin gastando en anuncios millóns de euros.”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *