O ESPECTÁCULO INMEDIOTECES.COM CHEGA O 25 DE XUÑO A BARREIROS CON PEDRO BRANDARIZ E VÍCTOR GRANDE

O ESPECTÁCULO INMEDIOTECES.COM CHEGA O 25 DE XUÑO A BARREIROS CON PEDRO BRANDARIZ E VÍCTOR GRANDE.La imagen puede contener: 2 personas, texto

Barreiros, 22 de xuño de 2017. Barreiros acolle este domingo, 25 de xuño, o espectáculo de humor Inmedioteces.com.

Dinamoteatro, con Pedro Brandariz e Víctor Grande, pon en escena esta representación na que coa palabra, a mímica e a imaxinación, estes dous actores improvisan e crean historias breves cargadas de humor.

Inmedioteces.com terá lugar o domingo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

A actuación está incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia e Agadic. Colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.