O ESPECTÁCULO INFANTIL PICARIÑO ESTARÁ EN BARREIROS O 26 DE DECEMBRO

  • O ESPECTÁCULO INFANTIL PICARIÑO ESTARÁ EN BARREIROS O 26 DE DECEMBRO.

Barreiros, 20 de decembro de 2017. O espectáculo infantil Picariño estará en Barreiros o vindeiro martes, 26 de decembro. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que organiza a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, coa colaboración do Concello barreirense.

Esta representación terá lugar ás 12:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Trátase dun concerto didáctico, destinado a un público infantil e familiar, que é un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.

En Picariño interveñen Pura e Dora Vázquez con Senén Vaamonde, Alfredo e Manuel (A Roda).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *