O EIDO DOURADO PECHA AS SÚAS PORTAS O VINDEIRO DOMINGO, 19 DE AGOSTO

O EIDO DOURADO PECHA AS SÚAS PORTAS O VINDEIRO DOMINGO, 19 DE AGOSTO, TRAS 10 ANOS DE CONTINUA ACTIVIDADE CULTURAL. FAINO CO CONCERTO QUE OFRECERÁ A BANDA DA LOBA.La imagen puede contener: 5 personas, personas de pie y exterior

A banda da Loba

Concerto de despedida con A banda da loba

Barreiros, 17 de agosto de 2018. O concerto que A Banda da Loba ofrecerá o vindeiro domingo, 19 de agosto, no Eido Dourado servirá como despedida deste espazo, que pecha as súas portas tras dez anos dun proxecto dedicado ao arte e situado na praia barreirense de A Pasada. Acaba o ciclo de concertos Sons no solpor e péchase o Eido Dourado, que durante dez veráns acolleu infinidade de actuacións musicais, recitais de poesía, visitas guiadas e talleres para nenos e nenas, entre outras actividades. O artista Celso Dourado asegura que o espírito do Eido Dourado seguirá, pero fora de Barreiros.
Dourado anunciou que “neste concerto de despedida do Eido Dourado imos contar cun grupo ao que lle teño moito cariño. É un grupo, de nome A Banda da Loba, de música galega e integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias para crear un proxecto común. Mesturan o pop, o blues, o folk, o rock e tamén os sons tradicionais, creando un estilo musical moi propio, moi singular”.
Celso Dourado explicou que “Bailando as rúas foi o título do seu primeiro traballo, que é autoproducido e editado no 2017. O máis salientable, pese a xuventude deste grupo, é que no marzo do 2018 gañaron o certame aRi(t)mar de música galego-portuguesa. É un grupo que toma como nome o de A Banda da Loba, non é un nome calquera. Estas cinco mulleres teñen a idea moi clara de escoller o nome vinculado a unha figura feminina coa que se identificaban, estamos falando da bandoleira Pepa A Loba, que foi unha auténtica lenda galega do século XIX”.
O artista barreirense engadiu que “o traballo Bailando as rúas inclúe temas de autoría propios e tamén musica a poetas clásicos como Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Rosalía de Castro, e de poesía contemporánea como pode ser a de Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Están nunha xira practicamente por toda Galicia e están colleitando cantidade de éxitos. Se a noite acompaña, como sempre digo, será unha noite máxica”.
Respecto ao peche do Eido, Celso Dourado comentou que “cando co Eido Dourado iniciamos o proxecto, alá polo 2009, sabíamos que era un proxecto tremendamente altruísta, pero enriquecedor e o foi e en certa maneira o sigue sendo. Non contabamos coa cantidade de zancadiñas que nos puxeron neste longo andar. Cando empezaron a caernos algunha que outra denuncia, algunha que outra zancadiña, propuxémonos resistir ao menos dez anos con dignidade e facendo unha actividade cultural vinculada ao noso país. Eses dez anos cumprímolos neste 2018 e a partir de aí veremos, tanto a miña compañeira Tereixa como eu, o que imos facer. Este é o último ano deste proxecto e a ver que pasa”.
Celso Dourado ten claro que “o espírito do Eido Dourado espero seguir manténdoo, case con total seguridade, salvo que cambien moito as cousas, fora de Barreiros”.

Eido Dourado Eido Dourado

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *