O CONCELLO VEN DE ACONDICIONAR PARA APARCADOIRO O TERREO A CARÓN DO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO DE SAN MIGUEL DE REINANTE

O CONCELLO VEN DE ACONDICIONAR PARA APARCADOIRO O TERREO A CARÓN DO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO DE SAN MIGUEL DE REINANTE.image3

Barreiros, 2 de decembro de 2016. O Concello ven de acondicionar para aparcadoiro o terreo situado detrás do polideportivo do colexio de San Miguel de Reinante.

O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou que “o Concello acaba de aproveitar unha zona detrás do ximnasio do colexio de San Miguel de Reinante. Era un espazo que estaba con maleza e estaba moi desaproveitado. Acondicionámolo para facer de aparcadoiro, dado que nese pavillón se realizan distintas actividades, incluso externas ao que é o propio colexio, entrando pola porta lateral que dá ao exterior do edificio. Alí fai ensaios o Arco da Vella, agora cando veña a Cabalgata de Reis tamén vai haber actividade alí e ademais está a ensaiar unha charanga, que se está preparando para o Entroido de Barreiros”.image2

O rexedor engadiu: “pensamos que aquela zona podíamos aproveitala para que aparcaran alí os coches e fose máis cómodo e non quedar pola beira da estrada e provocar problemas no tráfico”.

Fuente Parga subliñou que “se trata de ir mellorando pouco a pouco esas zonas que están desaproveitadas e foi o que fixemos neste caso”.