O CONCELLO REPARTIRÁ 10.000 OCTAVILLAS POLAS PRAIAS E ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARA CONCIENCIAR AOS TURISTAS DA IMPORTANCIA DE MERCAR LEITE CO INDICATIVO DE 100% GALEGA

O CONCELLO REPARTIRÁ 10.000 OCTAVILLAS POLAS PRAIAS E ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARA CONCIENCIAR AOS TURISTAS DA IMPORTANCIA DE MERCAR LEITE CO INDICATIVO DE 100% GALEGA.barraDESCARGAR LA OCTAVILLA barra

OtavillaLecheBarreiros, 26 de agosto de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou esta mañá que o Concello distribuirá nos próximos días 10.000 octavillas nas praias e establecementos hostaleiros do municipio para concienciar aos visitantes da difícil situación que atravesa o sector lácteo en Galicia e da importancia de mercar leite certificado como galego a través da etiqueta galega 100%.

O rexedor explicou que “dado que o sector lácteo é moi importante dentro da economía do noso municipio, sendo un dos sectores máis produtivos, queremos apoiar a este sector que está atravesando por momentos difíciles. Imos facelo da forma que cremos que é a mellor para contribuír a que isto mellore, e é distribuíndo 10.000 octavillas nas que se pide que se consuman produtos lácteos galegos e que se busque a etiqueta galega 100%”. Fuente Parga dixo que “non puidemos telos antes, pero nesta semana imos intentar entregalos aos turistas que estean aquí en Barreiros, a través de bares, paseos, zonas de praia, para ir concienciando á xente de que cando marche fóra de Galicia busque sempre esa garantía, sempre produtos lácteos de leite galego, de leite de Barreiros. É unha forma de axudar a que o sector volva ter uns prezos axeitados”.

Sobre como xurdiu a idea o alcalde barreirense indicou que “vin iniciativas similares noutros concellos e cremos que é importante que todos os concellos nos sumemos a accións deste tipo. Barreiros recibe moitos turistas,que logo no día a día van facer  a compra en Madrid, Valladolid, Ponferrada ou Asturias, en moitos sitios do noso país, para onde saen os produtos lácteos galegos. Queremos conciencialos, primeiro informándoos de que en Barreiros hai un sector lácteo importante e, en segundo lugar, de que cando vaian ao supermercado busquen esa etiqueta galega 100% porque eses produtos teñen garantida a procedencia do leite de Galicia, de leite de Barreiros, e que afecta aos gandeiros de aquí”.