O CONCELLO REMATOU O ARRANXO DA PONTE DO PUXIGO

230215 Foto ponte PuxigoO CONCELLO REMATOU O ARRANXO DA PONTE DO PUXIGO, EN SAN XUSTO, AFECTADA POLOS ÚLTIMOS TEMPORAIS. O ALCALDE AGARDA QUE A VINDEIRA SEMANA TAMÉN QUEDE ABERTO UN CAMIÑO QUE PERMANECÍA CORTADO EN IBIA.

Barreiros, 23 de febreiro de 2015. O Concello concluíu as obras de arranxo da ponte do Puxigo, en San Xusto, que quedara moi afectada polos pasados temporais. Segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente, “houbo que agarda que baixara o nivel da auga para poder traballar”.

O rexedor subliñou que “o Concello cumpriu en breve prazo de tempo para reparar as desfeitas ocasionadas polos temporais e restablecemos o paso por esta estrada”. A zona foi visitada esta mañá por Alfonso Fuente Parga.

O Concello barreirense tamén traballa estes días en Ibia “onde temos un camiño cortado polo temporal. Agardamos que a vindeira semana esta obra tamén quede lista. E así seguiremos pouco a pouco amañando aquilo que as chuvias e a forza da auga está a estragar”.