O CONCELLO ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO

O CONCELLO ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO, A TRAVÉS DO CAMIÑO NORTE. A PRIMEIRA SERÁ MAÑÁ E DISCORRERÁ ENTRE SAN XUSTO E MONDOÑEDO.

Barreiros, 8 de maio de 2015.  O Concello organiza unha peregrinación por etapas a Santiago de Compostela, a través do Camiño Norte. A primeira etapa terá lugar mañá, 9 de maio, e discorrerá entre Sn Xusto e Mondoñedo.

Segundo explica o concelleiro José Manuel Gómez Puente “faremos esta peregrinación a Compostela en nove etapas duns 20 quilómetros cada unha. Será os sábados. Desprazarémonos en autocar ata o punto de saída da etapa, camiñaremos e volveremos coller o autobús para retornar a Barreiros”.

As persoas interesadas en participar na peregrinación pagarán 50 euros e recibirán coma agasallo unha camiseta, unha sudadeira e unha gorra.