O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A CEDEIRA E A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO O 7 DE XUÑO

O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A CEDEIRA E A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO O 7 DE XUÑO.

Barreiros, 25 de maio de 2016. O Concello organiza unha excursión a Cedeira e a San Andrés de Teixido para o día 7 do vindeiro mes de xuño.

Esta viaxe é gratuíta. A inscrición pode facerse ata que se cubran as prazas. Os interesados deben anotarse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Esta excursión á localidade costeira de Cedeira e ao emblemático santuario de San Andrés de Teixido está organizada polo Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura.

A edil de Cultura, Adela Rodríguez, anima a “tod@s os barreirenses a participar nesta actividade para visitar un dos paraxes máis atractivos da xeografía galega”.

Piedras Blancas

Por outra banda, o Concello e o Club Ciclista Barreiros organizan tamén unha excursión a Piedras Blancas con motivo do XXII Irmandamento co grupo Cicloturista Castrillón. Será este sábado, 28 de maio. A viaxe é gratuíta. A saída está prevista para as 8:30 da mañá desde a praza do Concello. As persoas interesadas poden inscribirse na Concellería de Cultura ou a través do Club Ciclista Barreiros.