O CONCELLO ORGANIZA DOUS OBRADOIROS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN PARA NENOS E ADULTOS ENTRE OUTUBRO E MAIO

O CONCELLO ORGANIZA DOUS OBRADOIROS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN PARA NENOS E ADULTOS ENTRE OUTUBRO E MAIO. OS CURSOS LEVARANSE A CABO NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 23 de setembro de 2015. O Concello organiza, a través da Concellaría de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil, dous obradoiros entre outubro e maio sobre técnicas de relaxación, respiración e concentración. Haberá dous cursos, un para adultos e outro para nenos de entre 6 e 12 anos. Ambos terán lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O obradoiro de técnicas de relaxación, respiración e concentración para adultos desenvolverase entre outubro e maio os luns e os venres de 10:30 a 11:30 horas.

No caso do obradoiro de relaxación e concentración, destinado a nen@s de 6 a 12 anos, dará comezo o 21 de outubro e rematará o 31 de maio. Será impartido os mércores de 17:15 a 18:15 horas.

As prazas son limitadas e a inscrición debe facerse na Oficina de Información Xuvenil e na Biblioteca Municipal.

Na actividade colabora a Xunta de Galicia a través da Dirección  Xeral de Xuventude.