O CONCELLO LAMENTA O FALECEMENTO DO HOSTALEIRO MANUEL MÉNDEZ VEIGA, ORGANIZADOR DURANTE MOITOS ANOS DO CONCURSO INTERNACIONAL DE CASTELOS NA AREA

  1. O CONCELLO LAMENTA O FALECEMENTO DO HOSTALEIRO MANUEL MÉNDEZ VEIGA, ORGANIZADOR DURANTE MOITOS ANOS DO CONCURSO INTERNACIONAL DE CASTELOS NA AREA. 

Barreiros, 5 de xullo de 2017. O Concello lamenta o falecemento do hostaleiro lugués Manuel Méndez Veiga, de A Taberna de Marcos, “moi vinculado a Barreiros onde organizou durante moitos anos o Concurso Internacional de Castelos na area e onde foi un gran dinamizador da praia de Arealonga”.

Alfonso Fuente sinalou: “queremos facerlle chegar o noso pesar á súa familia e aos seus amigos. Manuel Méndez forma parte xa da historia de Barreiros, onde puxo en marcha e organizou durante moito tempo o Concurso Internacional de Castelos na area. Era un namorado desta zona, á que viña con moita frecuencia. É unha mágoa a súa perda”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *