O CONCELLO INICIOU AS OBRAS DE MELLORA DE BEIRARRÚAS EN SAN COSME. O INVESTIMENTO ASCENDE A 50.000 EUROS E OS TRABALLOS PODERÍAN ESTAR REMATADOS A FINAIS DE SETEMBRO

O CONCELLO INICIOU AS OBRAS DE MELLORA DE BEIRARRÚAS EN SAN COSME. O INVESTIMENTO ASCENDE A 50.000 EUROS E OS TRABALLOS PODERÍAN ESTAR REMATADOS A FINAIS DE SETEMBRO.

190816 Foto arranxo aceras San CosmeBarreiros, 19 de agosto de 2016. O Concello ven de iniciar as obras de mellora de beirarrúas en San Cosme. O investimento ascende a 50.000 euros e está previsto que os traballos rematen a finais do mes de setembro.

O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou que “en Barreiros iniciáronse os traballos na parroquia de San Cosme para arranxar as beirarrúas e dotalas de mellores servizos. Imos cambiar a traída de auga, o saneamento, a plaqueta e reordenar o que son as beirarrúas que baixan á estrada da praia no centro de San Cosme”.

O rexedor lembrou que “estas beirarrúas no seu momento se levantaran por unha rotura de auga, quedaron reparadas en precario e agora se vai facer unha obra para acondicionar o que é o entorno urbano de San Cosme e ir mellorando aquí na zona centro”.

Fuente Parga explicou que “nun dos casos o que se fai é arranxar as existentes e noutro se fan beirarrúas novas en zonas que non existían”.

O alcalde barreirense subliñou que “estamos falando dun investimento duns 50.000 euros e as obras terían que ter rematado antes de finais de setembro”.